CADERNOS DA VIAXE. A cuestión da igualdade das persoas (mellor ca dos sexos, é evidente que aquí tampouco son acaídas as respostas bipolares ou bipartidistas) trascende moito do ámbito dos dereitos fundamentais. Porque constitúe unha cuestión fulcral na nosa vida social e económica.
O sexismo, o mesmo ca o racismo ou o clasismo, descoñece os valores da inclusión e cohesión social e ergue, si, barreiras inxustas e mesmo antixurídicas, mais tamén barreiras ao desenvolvemento social e ao crecemento económico, que precisan contar con todas as persoas posíbeis e no mellor de cadansúas capacidades. Contábame este día unha mediana empresaria, muller comprometida social e políticamente, que os plans de expansión da súa empresa estaban a se ver ameazados pola situación de violencia machista que sofría unha súa íntima colaboradora. Velaí unha visión da que moitas veces non nos decatamos: a violencia machista non é só un crime, é tamén un ataque ao benestar social e económico.
Sen chegar ao extremo da violencia machista, vemos como as retalladas, os recurtes, afectaron nomeadamente ás mulleres pola súa menor vinculación cos núcleos duros de poder, mais tamén por ser até de agora os principais garantes do benestar das crianzas, persoas maiores e dependentes. O decremento substancial da cobertura social limita a incorporación plena da muller ao mercado de traballo, mais tamén a grande achega á creación de emprego e benestar que xeraría un mundo laboral, unha iniciativa empresarial, con participación parella de homes e mulleres.
Por outra banda, as substanciais deficiencias das nosas empresas e organizacións na orde de promovermos a conciliación da vida laboral coa persoal deriva en horarios inasumíbeis e dinámicas organizativas e funcionais absurdas que apartan millóns de mulleres ben preparadas das funcións de dirección e iniciativa.Novamente non perden só as mulleres, nin os sectores máis febles da sociedade. Perdemos tod@s.
E mire vostede, que pensa das cotas de xénero? Pois que lle vou dicir? Que non lle acredito nelas, mais si acredito en todo o que se acadou con elas. É dicir, penso que non podemos pasar sen as cotas.
Xoán Antón Pérez-Lema



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



