O domingo 8 de marzo celebrouse o Día da Muller en Alfoz. En primeiro lugar houbo unha charla da veterinaria do Valadouro Ruth Rodríguez Bermúdez, que falou da historia das reivindicacións dos dereitos da muller e, logo, o grupo de teatro “Pico do Castro” de Foz representou a obra titulada “De vello gaiteiro”.
