O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE presenta as Rutas de Sendeirismo para o presente ano 2015 o vindeiro domingo 15 de marzo a partir das 19.00 horas no Salón de Actos do Concello de Xove.
Trátase dun total de 8 rutas, comprendidas entre o mes de marzo e o mes de novembro. A primeira delas realizarase o domingo 22 de marzo.
A programación inclúe rutas costeiras, por Fragas, por monumentos naturais, pola Ribeira Sacra, por Reservas da Biosfera, por encoros, e unha delas, e unha das máis espectaculares, será a Subida ó Olimpo Galego, o Monte Pindo.
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE está formado por preto de 100 persoas.
Esta sección de Sendeirismo está dada de alta na Federación Galega de Montañismo e 30 dos seus membros teñen licenza ca citada Federación.
Dende o Grupo animan “a tódolos amantes do sendeirismo a compartir con nós este espectacular programa”.
*Foto do Grupo na ruta Costa de Xove, preto da Illa de Sarón (Morás).






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



