A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste sábado 14 de marzo a Campaña do Día do Pai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, o sorteo de 2 entradas para o Gran Premio Monster Energy de Catalunya de Moto GP 2015, que se celebra no circuíto de Montmeló. As entradas son válidas para o 13 e 14 de xuño, o premio inclúe o voo a Barcelona e o aloxamento. Unha actividade para gozar xunto a papá, independientemente da idade.
Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ao CCHV, cun importe mínimo de 15 euros, na carpa que se instalará na Praza Maior o sábado 21 de marzo.
No reverso do ticket poñeranse os seus datos de contacto e depositaranse nunha urna habilitada ao efecto. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.
Os tickets serán válidos polas compras realizadas desde o sábado 14 ata o sábado 21 de marzo.
Só se poderá participar con tickets de valor a 15 euros ou superior (non se permite a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 15 euros).
O sorteo realizarase o luns 23 de marzo ás 16.00 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ó gañador. En caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.
Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha banda a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por comprar no comercio local, e por outra banda fomentar a unión de todos os comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, no perfil de Facebook, Twitter e Tuenti.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



