Burela, 13 de marzo de 2015. O comité executivo do padroado da Fundación Expomar segue a traballar na organización das xornadas técnicas e dos encontros empresariais, que se celebrarán en maio coincidindo coa XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar. A segunda reunión preparatoria na que se perfilaron os temas que se abordarán nesa dobre cita tivo lugar este xoves 12 de marzo.
Segundo explicou o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, “a primeira mesa, a do xoves 14 de maio, versará sobre a incidencia da política comunitaria de pesca na nosa flota. E a segunda mesa, a do venres 15 de maio, analizará a protección da xente do mar”.
O comité executivo do padroado da Fundación Expomar seguirá a traballar nas vindeiras semanas na organización destes eventos.
A XVI edición de Expomar terá lugar do 14 ao 17 de maio, na nave de redes, situada na explanada do porto. O evento afronta este 2015 “co reto de superar os resultados acadados nas pasadas edicións. Expomar consolidouse coma a feira de pesca co maior número de visitantes profesionais e expositores de todo o territorio español”.























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



