Ribadeo, 10 de marzo de 2015. A Concellería de Igualdade e o CIM organizan dentro da programación conmemorativa do 8 de marzo, que desenrola durante todo este mes, unha proxección e posterior coloquio sobre o documental Por que non cantades todas. A cinta xira arredor do papel da muller na música tradicional. Esta actividade será no Cine Teatro o vindeiro domingo, 15 de marzo, ás 19 horas. A entrada é libre.
A edil Mariluz Alvarez Lastra sinala que “este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra, na serra do Candán, que se estende polos concellos pontevedreses de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Amosa a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como ponte entre dous momentos, o pasado e o presente. A música como memoria, experiencia e convivencia. O traballo pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documental constrúe así unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego”.
Ao remate da proxección do documental haberá un coloquio sobre cómo se gravou e a relación das mulleres de Zobra coa música.























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



