Os gañadores do IV Concurso de Tapas Centro Histórico de Viveiro son:
– Mellor tapa (elixida mediante as votacións dos clientes): Mesón O Recuncho coa súa tapa “Roliño de Boletus”. O premio estivo moi rifado coa segunda clasificada: a tapa do Belle Epoque “Brochetas Nautilus”.
– Mellor presentación (elixida polo xurado): Bar A Fontana coa súa tapa “2 en 1”.
– Tapa tradicional cun toque innovador (elixida tamén polo xurado): Mesón A Baiuca coa súa tapa “Agasallo”.
Isabel Cao Rua é a gañadora de 300 euros en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ao CCHV. A súa tarxeta de votación estaba selada nos 13 locais polo que o premio é de 300 euros.
Ao longo de toda a fin de semana servíronse un total de 8.144 tapas (case 1.500 tapas máis que o ano anterior), o que demostra a consolidación deste Concurso de Tapas que botaba a andar fai tan só catro edicións. Tanto a organización coma os locais participantes móstranse satisfeitos co funcionamento e a acolleita que tivo entre o público.