Burela, 18 de marzo de 2015. As instalacións de Academia A Mariña, en Burela, acollerán o vindeiro luns, 23 de marzo, un curso sobre alerxias alimentarias, que terá lugar de 17.00 a 20.00 horas. Unha vintena de persoas acudirán a esta cita.
No mesmo abordaranse cuestións como que é alerxia e intolerancia alimentaria, nutrición e alimentación, tipos de alérxenos, plan de prevención de riscos en materia de alerxias alimentarias, lexislación aplicable, dereitos do cliente-consumidor, información obrigatoria nas cartas dos restaurantes, obrigacións dos establecementos de alimentación e casos prácticos.
Desde Academia A Mariña explican que “esta lei, que entrou en vigor o pasado mes de decembro, ten que cumprila todo operador alimentario que ofreza produtos con ou sen envasar xa sexa en tenda, supermercado, hotel, restaurante, cafetería, bar, etc. Ademais de todas as empresas de transformación alimentaria, que xa deben indicalo directamente no seu etiquetado”.