Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015. O deputado do BNG,Daniel Rodas defendeu este mércores, a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta a que reclame ante o Goberno central “a recuperación da cota de bocarte na Zona Ciem.IX a para os barcos do cerco e impedir a perda do dereito da flota galega do Noroeste a pescar bocarte”.
O parlamentario asegurou que “ o bocarte é unha pesca ocasional que salva a campaña anual” pero o PP non está disposto a defender a cota aínda que con esta postura condene ao nosa flota á desaparición. Os traballadores do cerco, dixo, maniféstanse en Monte Pío porque a cota asignada , 57 Tn, non garante o futuro da flota do cerco. “Estamos fartos” respondeu Rodas ao portavoz do PP, Gonzalo Trenor, de ser a flota máis prexudicada pola complicidade do Goberno galego que asume, “sen rechistar” as decisión de Madrid.
Para Rodas, o Goberno galego “non está a pé de obra” nin defende o sector polo que volveu reclamar unha postura “contundente” para non liquidar o dereito dos galegos a pescar. Por outra parte, denunciou o acoso ao que está sometido o sector polas reiteradas inspeccións e imposición de sancións. A realidade, reiterou, “está na rúa e todos os sábados fronte a casa do Presidente para reclamar medidas contra o despezamento dos barcos e a imposibilidade de pescar”.
O deputado lembrou que antes do ano 2013, un barco podía pescar 10.000 quilos de bocarte ao día, mentres que agora esta pesquería permanece pechada dende o 28 de febreiro por esgotar as 57 Ton asignadas a Galiza dun total de 4.618 Tn.
Finalmente, a iniciativa nacionalista contou co apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



