Mondoñedo, 24 de marzo de 2015.- Nos últimos seis anos, desde que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia vén de investir máis de 19 millóns de euros no municipio lucense de Mondoñedo. Así o explicaron os deputados do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, nun encontro que mantiveron coa presidenta do PP en Mondoñedo, Elena Candia, e no que quixeron facer balance dos investimentos autonómicos recibidos desde ano 2009.
Para afondar neste esforzo inversor, os populares salientaron que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade impulsadas ou financiadas pola Xunta, que superaron os 10,3 millóns de euros, ás que, sen segundo lugar, haberá que engadir engadir outros 8,6 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorializadas e das que tamén foi beneficiario este concello.
Reto á Deputación
Desde o Grupo Popular á Deputación de Lugo a facer públicas os investimentos provinciais dirixidos a Mondoñedo e advirten que se non fan público esta rendición de contas será o PP quen a realice porque os veciños teñen dereito a saber ata onde chega o compromiso de cada quen
2,6M€ en iniciativas de emprego
Os populares salientaron, con especial intensidade, as achegas dirixidas á fomentar o emprego “probablemente unha das actuacións máis necesarias tendo en conta o actual contexto laboral, e nas que se centrou gran parte do esforzo inversor da Xunta en Mondoñedo”
Así explicaron que, grazas ao apoio do Goberno galego, se efectuaron 120 contratacións subvencionadas, das que se beneficiaron outros tantos veciños. Os apoio autonómicos neste ámbito supuxeron un investimento directo de 2 millóns de euros, dirixidos á posta en marcha dos obradoiros de emprego e para a formalización dos contratos acollidos ao plan de cooperación, os do persoal das brigadas forestais e da oficina de emprego.
A maiores a Xunta impulsou nestes últimos seis anos ata 17 accións formativas no ámbito da mellora de empregabilidade con 255 beneficiarios, para as que destinou 369.000 euros e achegou 174.274 euros máis para a nova oficina de emprego, que se trasladou a un novo local.
Apoio aos servizos de benestar
Outras achegas relevantes teñen que ver co ámbito dos servizos de benestar, entre os que os populares inclúen o financiamento por parte da Xunta do plan concertado de servizos sociais municipais, e as transferencias para o sostemento do servizo de axuda no fogar aos dependentes.
Neste mesmo ámbito, os populares salientan unha achega do Goberno galego de ata 5,4 millóns de euros para concertar, ano tras ano, as 50 prazas públicas para persoas discapacitadas no centro asistencial San Pablo e San Lázaro e os 143.712 euros que a Xunta destina para mantemento e dotación de persoal do CIM, o centro de información e atención á muller. O Goberno galego tamén achegou 5.242,21 euros á iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Profesionais do medio rural
Os profesionais do medio rural recibiron apoios da Xunta relacionados con distintas liñas de apoio e vinculadas á PAC, entre elas 2,1 millóns de euros (fondo de garantía agraria), 549.500 euros (produción agropecuaria), 381.885 euros (infraestruturas rurais), 201.835 euros (prevención de incendios forestais) e 225.257 euros (ordenación forestal). Tamén aquí hai que destacar os 65.054 euros do Plan Marco de Mellora de camiños, 42.558 euros dos proxectos dinamizadores e 154.962 euros máis para impulsar diversos proxectos Leader.
Fondo de compensación ambiental
Con cargo as partidas do canón eólico (fondo de compensación ambiental), a Xunta impulsou diversas actuación de mellora das infraestruturas locais, entre as que cómpre destacar as dirixidas á mellora da recollida selectiva de lixo en concellos da Mancomunidade (7.953 euros), proxecto de aforro de enerxía nos alumeados públicos en varios lugares do concello de Mondoñedo (94.371 euros), para a reparación da presa de captación da Coutada e prolongación do saneamento do Carme (92.481 euros) e, finalmente o investimento autonómico máis relevante foi dirixido a financiar con 252.480 euros o distintas actuacións de aforro enerxético no casco urbano de Mondoñedo,
Fomento empresarial, vivenda e emerxencias
No ámbito empresarial salientan achegas por valor de 4,2 millóns de euros para promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial (177.205 euros), investimento no eido enerxético (480.735 euros), dinamización da actividade económica e empresarial (3,4 millóns de euros) e desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos (166.753 euros)
Por outra banda, os populares destacaron a entrega de 19 vivendas de promoción pública para as que a Xunta achegou, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, máis de 1,2 millóns de euros.
No ámbito da mellora da xestión das emerxencias Mondoñedo recibiu achegas da Xunta para financiar os servizos de protección civil e agrupación de voluntarios (11.119 euros), para a dotación dun novo vehículo todoterreo (22.988 euros), e tamén investimentos dirixidos ao plan de atención ao peregrino (5.422 euros) e para a parte que lle corresponde do parque contra incendios (646.174 euros)
Novas tecnoloxías, cultura e educación
A Xunta tamén investiu ,03 millóns de euros para o plan de banda larga e equipamentos TIC nos centros educativos (Plan abalar) e 108.908 euros en distintas accións para a transición á nova televisión dixital terrestre (TDT), a adaptación dos centros remisores e renovación dos equipos de difusión.
Finalmente no ámbito cultural salientaron as achegas obras de mellora dos CEIP e IES (133.657 euros), actividades de ámbito cultural (16.038 euros), organización do arquivo municipal (12.000 euros), escavación e consolidación do castro de Zoñán (42.000 euros) e 6.997 máis en subvencións de apoio, promoción e difusión da Feira e Festa de San Lucas.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



