Dende o PSdeG-PSOE de Burela queren facer público que, “dende fai unhas semanas e unha vez se aprobou a candidatura que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, vimos mantendo reunións con asociacións e colectivos de Burela co fin de escoitar as súas propostas para poder estudar a súa inclusión no programa electoral co que nos imos a presentar ás eleccións”.
“Estas reunións están sendo moi positivas e están a valernos para comprobar o malestar xeral destas asociacións coa xestión levada a cabo polo equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela que moitos deles critican por sectario e inxusto. Nas vindeiras semanas seguiremos con estas reunións que están sendo moi positivas para saber de primeira man as súas peticións e os problemas que están a ter para poder desenrolar a súas actividades.
Ademais destas reunións, “e co afán que temos en abrir ó partido a todos os veciños e veciñas, queremos facer público que dende o día 13 de abril ata o 17 de abril en horario de 11.00 horas ata as 13.00 horas imos a manter a sede do partido aberta para que calquera veciño ou veciña que a título individual queira facer propostas para poder incluír no programa electoral sexa escoitado polos membros da candidatura do PSdeG-PSOE; xa que entendemos que calquera proposta feita polos veciños e veciñas debe de ser cando menos escoitada e estudada nun exercicio de transparencia nunca feito antes no noso pobo”.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



