O embalse de Castrelo de Miño (Ourense) acollía este domingo 4 de abril a segunda regata da Liga Galega Infantil para alevíns A e infantís A e B tanto en K1 como C1 e na que participaban catro infantís do Kayak de Foz: Fran Rubio e os irmáns Xoel, Paola e Naila García Neira.
Na primeira regata da xornada, as rapazas Infantís ‘B’ K1, Paola e Naila García Neira lograron unha sétima e duodécima praza despois de afrontar os seus primeiros 3.000 metros en regata da temporada e manterse nos dous grupos de cabeza, respectivamente.
Pola súa banda, a regata dos rapaces de Infantil B K1 foi moi similar á disputada o pasado 29 de marzo en Verducido. Os catro primeiros postos foron para os mesmos padexeiros e na mesma orde: vitoria para Marcos Muñiz do Portonovo; segunda praza para Miguel Paz do Verducido; terceira para Adrián Padín do Portonovo e cuarta para Fran Rubio, do Kayak. Aínda así, nesta ocasión, a diferenza do crono de Fran (15:56) con respecto ó primeiro reduciuse en 23 segundos.
Antes do mediodía chegaba a regata máis agardada: a dos rapaces da categoría Infantil ‘A’ K1. Entre os 69 padexeiros inscritos, Xoel García Neira, tras unha fantástica pasada temporada, situábase entre os favoritos xunto a Gabriel Pachón do Ribeiras do Tambre e Joaquín Iglesias do Verducido-Pontillón.
Nada máis dar a saída estes tres padexeiros poñían distancia con respecto ós perseguidores. A falta de aproximadamente 150 metros lanzouse o sprint que rematou con Gabriel Pachón cruzando a liña de meta en primeiro lugar con 6 segundos de vantaxe sobre Xoel, segundo, e 7 sobre o terceiro, Joaquín Iglesias.
Clubs
O vencedor por clubs desta regata foi o Náutico de Pontecesures con 2144 puntos, seguido do as Torres-Romería Vikinga con 1647 puntos e do CP Portonovo con 1610 punto.
Con so 4 participantes, o Club Kayak de Foz finalizou a xornada nunha meritoria vixésimo terceira posición cun total de 424 puntos.
*Foto: Fran Rubio en Verducido 2014. Thornado.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
