Ribadeo, 6 de abril de 2015. Éxito de participación e de público no III Open Semana Santa Gráficas Ribadeo de pádel, que se celebrou durante os últimos días nas instalacións de Pádel Club Ribadeo e que reuniu a 175 xogadores en catro categorías.
En 1ª masculina os gañadores foron Pibe/Borja de Lugo, os subcampións foron Fidel/Miguel de Lugo e o terceiro posto levouno a parella local formada por Josiño/Felipe.
En 2ª masculina os gañadores foron Lito/Luís, o segundo posto foi para Buckles/Elías e o terceiro para Sufuentes/Marcos.
En mixto os gañadores foron Patxi/Bea, o segundo posto foi para Luisete/Goretty e o terceiro para Felipe/Mayte.
E en feminino alzáronse gañadoras Alicerce/Alba, o segundo posto foi para Gema/Lara e o terceiro para Bea/Goretty.
En total entregáronse 2.000 euros en material deportivo e 600 euros en metálico. Ademais sorteouse diverso material deportivo entre os presentes.
Os organizadores valoran de forma positiva “a acollida que tivo este III Open Semana Santa, que xa está consolidado nas nosas instalacións e que cada vez conta con máis xogadores e con máis público disposto a pasalo ben e a vibrar cos partidos”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
