Nota de Prensa
Nota do BNG sobre a Galescola de Foz e as declaracións de Balseiro.
Ante as declaracións que ven de facer públicas o Sr Balseiro onde se adica a botar balóns fora sobre as responsabilidades que o PP ten en que a día de hoxe sesenta familias do Concello de Foz carezan de praza de Gardería por negarse o Goberno de Feijoó a abrir a escola Infantil do Bahía, o Bloque Nacionalista Galego quer precisar que o seguinte:
1º) É absolutamente falso que se carecese de dotación orzamentaria para abrir neste trimestre a Galescola do Bahia, tanto é así, que a cargo do diñeiro destinado a apertura de centros o Consorcio procedeu a adicar unha partida de 1,3 millóns de euros a elaborar a nova imaxe corporativa das escolas infantís e a dota-las dunha nova sinaléctica. Os nacionalistas xa demostramos na nosa xestión ao fronte do bipartito o noso compromiso cos nenos e coas familias de Foz destinando 500.0000 Euros para rehabilitar o edificio do antigo Hotel Bahia e construír unha Galescola. Só nos resta solicitarlle ao PP de Foz e ao Sr. Balseiro que se teñen algún poder no PP desbloqueen esta situación ou é que o PP é o Sr Balseiro queren como é tradicional nesta forza política castigar aos veciños de Foz?.
2º) Os nacionalistas consideramos que a decisión do PP en relación co Escola Infantil do Bahia significa a volta a vella medicina coa que este Partido actuou en relación con Foz negándolle o pan e o sal e privándoo de servizos públicos. Non é novo o caso que nos ocupa, chove sobre mollado, no camiño que se iniciou coa negativa de dotar a Foz de urxencias e que a hora continua con este ataque aos nosos nenos. A maior afondamento esta decisión hai que situa-la na cruzada aberta polo PP contra cos servizos de benestar que pretenden reformulalos en negocio puro e duro. Saiban os responsábeis autonómicos que os veciños de Foz nin agochamos a cabeza nin estamos dispostos a que se nos trate como cidadáns de segunda.
3º) O Bloque Nacionalista Galego sabe que non se está desviando un ápice do que pensan os veciños de Foz cando afirma que o pouco crédito que lle podía quedar a Balseiro en Foz dilapidouno coa posición mantida en relación co establecemento do servizo de urxencias na localidade, onde cambiou de posición tan pronto cambiou o Goberno. Balseiro actúa como unha arma de intoxicación masiva a que non importa dicir hoxe unha cousa e maña outra totalmente distinta, mesmamente faltar a verdade e o que é aínda peor non saber o que di. Aos nacionalistas non nos importa que Balseiro falte a verdade, porque ese modus operandi é característico del, o que si que lle recomendamos é que deixe de crerse as súas propias mentiras.
4º) O que nos preocupa a nós como veciños de Foz é que canto antes comece a funcionar a escola infantil do Bahia. Nos non estamos en política para criar problemas senón para buscar solucións por iso presentamos as diferentes iniciativas no plano local e no plano autonómico. Neste sentido urximos que a Xunta de Galiza comunique de xeito oficial aos focegos o prazo que manexa para que entre en funcionamento a nova Escola Infantil de Foz e que por parte dos responsábeis da Consellaría de Traballo e Benestar se remate xa coa confusión de datas de apertura que mantén co Consorcio. Deixando ao lado que a Xunta incumpriu xa a esta altura o convenio asinado co Concello que cifraba a apertura do centro no mes de Outubro, non estamos disposto a gardar a tolerar que se faga boa a data que manexa o Consorcio de non abrir a Galescola en 2011.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



