Foz, 14 de abril de 2015.- Fiare Banca Etica naceu grazas ao impulso de persoas e organizacións que queremos construír unha cooperativa de crédito inspirada nos principios das finanzas éticas. Grazas aos depósitos de aforro financiamos proxectos vinculados á loita contra a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía, o comercio xusto e os valores transformadores. Trátase de poñer en mans da cidadanía o control sobre o bo uso dos seus cartos e no que a intermediación financeira dirixa os seus esforzos cara ás persoas e entidades que traballan en proxectos e actividades que xeran un impacto social positivo e rexeneran a sociedade.
Obxectivo
Dar a coñecer á poboación da comarca da Mariña as liñas de acción e o funcionamento de Fiare Banca Etica, así como a operativa bancaria que ofrece.
Charla-coloquio sobre Fiare Banca Ética
Data e hora: Sábado 18 de abril de 2015, de 18:30h a 20:00h.
Lugar de celebración: Salón de actos da casa da Cultura de Foz
Programa:
– 18:30h: Benvida e presentación do acto
– 18:40h: Preoxección do documenal: Finanzas éticas, o proxecto Fiare
– 19:00h: A necesidade dunhas finanzas éticas e solidarias. Poñente: Xabier Gómez
Santiso (vogal de comunicación do GIT-Galiza Norte).
– 19:15h: A operativa bancaria de Fiare Banca Ética. Poñente: Xabier Bruña
(coordinador do grupo local de Fiare en Lugo).
– 19:30h: Coloquio



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



