Cervo, 15 de abril de 2015.- O Partido Popular de Cervo celebrará este venres o seu acto oficial de presentación da candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio. O acto terá lugar no Ecomuseo (antiga Casa do Concello), situado na localidade de Cervo, ás 20.45 horas.
Unha lista que, como xa é sabido, encabeza o actual alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, que se presenta aos comicios locais como alcaldable por terceira vez.
A este acto asistirá o cabeza de lista e a candidatura ao completo, e o presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro.
Dende o PP cervense convidan a todos os veciños e colectivos que o desexen a asistir a este acto para “coñecer o noso proxecto de goberno, baseado nunha liña de traballo coherente, na defensa dos servizos públicos de calidade e dos servizos básicos, fundamentais e de benestar”.