O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO15 xa está en marcha. Os interesados en asistir poden solicitar algunha das 200 prazas gratuítas dispoñibles para o evento que, como xa é habitual nestas datas, reunirá no Pazo de San Marcos a destacados profesionais e expertos no mundo das novas tecnoloxías, o xornalismo, o goberno aberto, o márketing online ou a seguridade na rede. #INLUGO2015 celebrarase no Pazo de San Marcos os días 8 e 9 de maio, e a reserva das entradas pode facerse en www.inlugo.com ou en www.deputacionlugo.gal. Estas formalizaranse por rigorosa orde de inscrición.
Nesta ocasión, ata 30 destacados expertos en diferentes campos achegarán aos asistentes as claves de acceso a unha sociedade cada vez máis dixitalizada, coas súas vantaxes comunicativas e de cambio de modelo e os seus perigos froito da recente aparición e inmediata evolución. Entre eles:
-Ignacio Escolar (@iescolar), xornalista cunha ampla traxectoria, exdirector do diario Público e na actualidade director do xornal dixital referente en España, @eldiarioes. Encargado de abrir o evento, compartirá a súa experiencia e analizará os retos dos medios de comunicación no presente e no futuro inmediato que se lles presenta.
-David Varona (@davarona), redactor xefe de proxecto, participación e Social Media en RTVE. Este xornalista dixital ten experiencia na consultoría de novas tecnoloxías e no manexo de redes sociais.
-David Lombao (@davidlombao), director do xornal dixital Praza Pública, no que fai crónica política e analiza a relación do xornalismo con Internet.
-Andrés Milleiro (@juanmilleiro), consultor en marketing digital y community manager, actualmente é director de Social Media de NH Group. Blogueiro que escribe sobre redes sociais, influencers, apps ou comunidades online, en continua interacción cos seus seguidores.
-Víctor Trasende (@victortrasende), deportista, blogueiro e protagonista dunha asombrosa historia de superación.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



