Cielo Fernández – Este xoves, 23 de abril, celébrase o Día do Libro, e este mes de abril é tamén o mes das artes na Mariña. A exposición de artistas mariñáns no CENIMA de Foz, que se celebra por segundo ano consecutivo −aínda que con anterioridade xa tivera lugar algunha outra edición− está conseguindo xerar unha verdadeira corrente de enerxía arredor das artes, xa que logra involucrar artistas, profesores, alumnos e asociacións con actividades previas e paralelas que están facendo do mes de abril un verdadeiro mes das artes na Mariña.
As artes plásticas e a literatura son dúas disciplinas que ao longo da historia camiñaron moitas veces da man. Cando visitamos as igrexas e catedrais románicas explícannos como as decoracións dos capiteis e os retablos tiñan en moitas ocasións o obxectivo de contarlles un capítulo das Escrituras ou unha ensinanza moralizante ás xentes humildes que non sabían ler a palabra escrita pero si entendían o que os debuxos ou os relevos tallados amosaban.
Nos manuscritos medievais desenvolveron a súa arte os miniaturistas −ilustradores ou iluminadores− que debuxaban nas marxes das páxinas e as letras capitais do principio do texto. Estas obras tiñan de novo, xunto co valor ornamental, a función de axudar a comprender o texto e mesmo de axudar a atopar parágrafos dunha obra relacionados con certos debuxos. Esta arte foi unha das principais que se desenvolveron durante a Idade Media.
Son só dous exemplos do profundamente unidos que están os libros, a literatura e as artes plásticas. Actualmente en Occidente a poboación está na súa totalidade alfabetizada e non é necesario acudir á imaxe para suplir o texto escrito, pero si para completalo e enriquecelo. A relación entre a letra impresa e a ilustración vive actualmente un momento moi doce, prolífico e rico. Esta relación amosa diferentes formatos: o cómic, no que o peso da narración recae sobre o debuxo que o texto completa, a novela gráfica e o álbum ilustrado, no que ambos sosteñen a historia por igual ou o libro ilustrado, no que as ilustracións completan o narrado na escrita etc. En calquera destes formatos atopamos agora mesmo obras de gran calidade e con moita aceptación por parte do público. Vai cambiando a sensibilidade de anos atrás que relegaba a función da imaxe a puro adorno ou a facilitar a lectura para os nenos pequenos e vai gañando a conciencia de que a ilustración, o debuxo nos libros, pode achegar tanto coma o texto e, sobre todo, que ambos complementados, enriquecen a narración que o libro nos propón e a experiencia lectora.
Por este motivo, na librería Bahía optamos por celebrar o Día do Libro cunha exposición da ilustradora Minia Regos, que se inaugurará o día 24 de abril ás seis da tarde cun obradoiro de ilustración para nenas e nenos a partir de seis anos.
Celebramos, por tanto, que coincida na Mariña neste mes de abril a Festa do Libro e a Festa das Artes e animamos a todos os mariñáns a celebrar ambas mercando un libro na súa librería e visitando a exposición que os nosos artistas nos ofrecen no CENIMA de Foz.
Cielo Fernández. Libreira



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



