Foz, 22 de abril de 2015.- O secretario Xeral do PSOE –Pedro Sánchez- comprometeuse este mércores en Foz a levar ao Congreso as peticións dos candidatos da Mariña, baseadas, fundamentalmente, na mellora das infraestruturas viarias, co fin de acadar unha maior vertebración da comarca, tanto con Lugo como co resto de provincias limítrofes. Así o reflicte o escrito que o alcaldable local –Jaime Cancio- entregou ao líder do Partido Socialista, e que inclúe, en primeiro lugar, unha solución inmediata por parte do ministerio de Fomento para os continuos cortes de tráfico no treito Lourenzá-Abadín, a consecuencia da néboa.
Deste xeito, o máximo dirixente dos socialistas, tal e como indicou Cancio, “será la voz de los mariñanos en el Congreso”, pois a ministra Elena Pastor, malia anunciar medidas ao respecto tralo grave accidente acontecido nesta autovía, aínda continúa falando dun proxecto de futuro. Pedro Sánchez pedirá así que o Executivo de Rajoy compense o desleixo do PP con esta zona, e que quedou demostrado tamén no rexeitamento ás emendas dos socialistas aos Orzamentos Xerais do Estado deste ano, e que incluían unha partida de 500.000 euros para a N-634 e de 1 millón de euros para actuacións de seguridade vial na A-8.
Neste senso, o secretario Xeral apelou á responsabilidade da Xunta de Galicia e ao presidente Feijóo para interceder perante a ministra, para, dunha banda, arranxar esta situación en dita autovía e, doutra, garantir o mantemento da N-642, altamente deteriorada. Asimesmo, tamén solicitará a Fomento que retome o proxecto do corredor, que vai Barreiros a San Cibrao e que é de titularidade estatal.
Finalmente, o líder do PSOE tamén se interesou polos problemas de dragado das infraestruturas portuarias de Foz, Ribadeo e Viveiro, o que provoca que non se lles poida garantir aos usuarios un calado mínimo, así como polas necesidades que ten o sector pesqueiro, concretamente a flota do cerco.
Máximo respaldo á Mariña
O secretario Xeral do PSOE fixo estas declaracións no transcurso da visita realizada á localidade focense, e coa que quixo amosar o máximo respaldo aos alcaldables desta comarca que concorrirán ás eleccións do vindeiro mes de maio. “Somos el cambio que garantiza los servicios públicos. Por eso, creo que el 24M será una oportunidad para que todos los gallegos tengan gobiernos que representen a la mayoría. Los cambios se hacen desde abajo y, es aquí, donde hay que pelear para lograrlo”, subliñou
Gran expectación
A presenza de Pedro Sánchez en Foz provocou unha gran expectación no municipio. Máis de 200 persoas se achegaron ata as portas da Casa da Cultura, onde, antes de coñecer o Porto, mantivo unha xuntanza cos candidatos da comarca. Neste senso, o secretario Xeral agradeceu a gran acollida recibida e amosou a súa satisfacción por atoparse nesta zona; “una comarca a la que le tengo especial cariño, pues ha sido donde se creó la primera plataforma para pelear por las primarias a la secretaria Genderal del Partido”.
Camiño a Lugo
Unha vez rematada a visita, o líder socialista, xunto aos secretarios Xerais do PSdeG e de Lugo –José Ramón Gómez Besteiro e Juan Carlos González Santín, respectivamente-, os deputados autonómicos –Concepción Burgo, Vicente Docasar e José Ramón Val- e o senador por Lugo –Ricardo Varela-, emprendeu a viaxe a Lugo no bus que percorrerá 25.000 quilómetros de socialismo por toda España, e onde será recibido polo alcalde da cidade e candidato á alcaldía –José López Orozco- e participará nun percorrido polo centro da capital e nun encontro con veciños para apoiar as súas reivindicacións.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



