O lendario Daniel Ibañes dirixirá o proxecto do CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16, despois de estar á fronte do Era Pack Chrudim nas dúas últimas tempadas, conseguindo a histórica clasificación para a Elite Round da UEFA Futsal Cup. O ex-xogador do Boomerang Interviú recalou na Mariña onte pola tarde para formalizar o seu contrato para a próxima tempada; o presidente laranxa, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, acompañárono na súa presentación oficial este venres .
“Estou moi contento porque tiña moitas ganas de volver á liga española. Regresei a España hai uns meses por motivos familiares; nese momento houbo contacto con outros equipos pero hai unas semanas falou comigo o Burela FS e pareceume o proxecto máis interesante. Un dos motivos que me axudaron a decidirme foi que Juanlu estaba aquí, é un amigo e faloume moi ben do club” explicaba o novo técnico laranxa, cunha traxectoria de vertixe sobre as pistas, máis de 100 internacionalidades con España, 5 Ligas, 7 Copas de España, 8 Supercopas de España, 4 UEFA Futsal Cup, 5 Copas Intercontinentales, 1 Recopa, 2 Copas Ibéricas, 1 Mundial, 4 Campionatos de Europa e numerosas distincións individuais na LNFS, no Mundial e na UEFA Futsal Cup.
Daniel Ibañes Caetano (São Paulo, 1976) colgou as súas máxicas zapatillas para asumir en 2010-11 a secretaría técnica do Inter e unha tempada máis tarde responsabilizouse como segundo adestrador no equipo do que colleu as rendas para disputar os play off en maio de 2012. En 2013-14 deu o salto ao fútbol sala internacional proclamando o Era Pack Chrudim como campión de Liga e Copa nesa primeira tempada e como subcampión de Copa en 2014-15, ademais de competir na UEFA Futsal Cup. Dende alí chega a Burela, con ilusión de seguir medrando co conxunto laranxa e con moita humildade, a pesar de ser todo un mito do fútbol sala: “Estes dous últimos anos na liga checa servíronme para aprender moito. Veño coa intención de traballar para que todo saia ben e conseguir dar un paso máis nun equipo que dende a súa estrea en Primeira medra ano a ano” reflexionaba Daniel. “Na miña etapa como xogador, un adestrador, Jesús Candelas, acostumaba a dicir que as grandes traxectorias só traen consigo unha cousa: grandes expectativas e maiores responsabilidades. Así chego eu, coa ilusión de traballar e poder chegar tan lonxe como técnico como fixen xogando”, puntualizaba.
O proxecto de Daniel Ibañes aposta por conservar a base do equipo para asentar o proxecto na máxima categoría: “Manteremos a estrutura desta tempada; hai rapaces da canteira que traballaron moi ben este ano e xogadores con contrato en vigor, ademais doutros cos que xa estamos falando para renovar” adiantaba Daniel, destacando as metas para 2015-16: “Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a sinceridade coa que me falou o club dos obxectivos do equipo, un proxecto de consolidación na categoría para non pasar apuros pero tamén para pelexar por estar o máis arriba posible, sempre sabendo onde estamos e quen somos” concluíu o adestrador.
Dende o club mariñán, Manuel Blanco recoñeceu a chegada de Daniel Ibañes como “un orgullo que unha lenda viva do fútbol sala mundial dirixa o equipo laranxa”, engandindo José Luis Sáez que “nos consta que só a súa honradez e profesionalidade están por riba do seu coñecemento sobre o noso deporte”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
