A Consellería do Medio Rural e do Mar coordinará a estratexia da Xunta de Galicia e as autoridades portuarias da comunidade para impulsar un proxecto conxunto para a dotación de novas tecnoloxías aos portos de carácter estatal e autonómico. Así quedou de manifesto esta mañá na reunión presidida por Rosa Quintana, na Autoridade Portuaria de Vigo na que participaron os presidentes dos portos estatatais de Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Vilagarcía, Marín-Pontevedra e Vigo, así como o de Portos de Galicia.
Os máximos responsables do sistema portuario galego ratificaron neste encontro a súa vontade de establecer liñas de traballo comúns para xerar sinerxias que implementen unha oferta portuaria conxunta competitiva de cara ao exterior. Na reunión desta mañá, os participantes deron conta dos avances no proxecto Smart Ports, Portos Intelixentes, para aplicación da I+D+i ás infraestruturas portuarias.
Neste sentido, as autoridades portuarias galegas e Portos de Galicia están a desenvolver os trámites necesarios para presentar unha proposta conxunta a diferentes convocatorias europeas de financiamento de accións relacionadas coa innovación e o desenvolvemento. A proposta galega pasa pola definición e procura dun modelo de infraestruturas e xestión portuarias baseado na innovación tecnolóxica de cara á xeración de valor engadido ás actividades que se desenvolven nos peiraos de titularidade autonómica.
A través desta dotación preténdese consolidar a liña de traballo na que se ven avanzando ata agora en relación á planificación e xestión sostible das dársenas e dar un paso definitivo para a plena integración dos portos autonómicos nas cadeas loxísticas e intermodais.
En relación a este carácter integrador dos Smart Ports, a dotación de tecnoloxía intelixente nos peiraos galegos, potenciará, tamén, a capacidade de coordinación entre os recursos públicos e as necesidades e recursos do capital privado de cara a incrementar a colaboración económica entre ambos. Así mesmo, impulsará unha mellor coordinación transversal entre todas as actividades que se desenvolven nos portos de titularidade da Xunta de Galicia, nomeadamente, pesqueira, comercial, náutica recreativa e transporte de pasaxeiros.
Tráfico de cruceiros
Ao comezo da reunión, Rosa Quintana deu conta tamén do posicionamento de Galicia como destino estratéxico do tráfico de cruceiros polo Atlántico. Así, a Conselleira do Medio Rural e do Mar lembrou o importante volume de actividade neste sentido que rexistra o porto de Vigo, no que atracan de xeito cíclico algúns dos principais buques de cruceiro do mundo. Ademais Quintana destacou a apertura desta nova vía de negocio en peiraos de menores dimensións como os de titularidade autonómica. Neste sentido, lembrou que nos dous últimos anos os peiraos de Viveiro e Brens-Cee teñen acollido tamén tráfico de cruceiros, inaugurando unha nova liña de actividade portuaria, que insiste no carácter multifuncional dos portos galegos.
Finalmente, a conselleira do Medio Rural e do Mar subliñou a importancia no contexto económico actual de abrir novas vías de explotación económica das infraestruturas portuarias e comprometeu a continuidade do traballo dende o seu departamento para manter a actividade cruceirista no litoral galego.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



