Foz, 28 de abril de 2015. A segunda parte da iniciativa Cinema no Cenima de Foz empeza este xoves, día 30, e continuará o 14 de maio e o 18 de xuño.
O concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto, explicou que “no Concello de Foz seguimos este trimestre co Cinema no Cenima, coa proxección de tres novas películas: a primeira será este xoves, 30 de abril, e titúlase 10.000 quilómetros, un filme que foi un dos máis votados cando se puxo a lista de películas na páxina web do Concello e é un drama que conta a historia dunha parella que fai plans para ter un fillo pero por cuestións dunha beca vense separados, un en Barcelona e o outro en Estados Unidos, e manteñen unha relación á distancia de 10.000 quilómetros durante un ano; este filme obtivo varios premios nacionais e internacionais e foi un dos mellor valorados polos críticos. A seguinte sesión será o xoves 14 de maio, co filme Los fenómenos, e o xoves 18 de xuño a protagonista será Magical Girl”.
Ánxel Paleo engadiu que “todas estas proxeccións serán ás 20:30 horas no Cenima e a entrada terá un custe de 3 euros. A apertura das taquillas será ás oito da tarde””.
Teatro nas parroquias
O concelleiro de Cultura aproveitou para dar a coñecer ademais que “en vindeiras fechas dará comezo nas parroquias do concello unha nova axenda teatral, dando continuidade ao ‘Teatro no Outono nas parroquias’, unha actividade cultural que acadou moito éxito, polo que queremos ampliala. Farase coa colaboración, como non, das compañías de teatro afeccionado que temos no concello, ás que agradecemos o seu apoio”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



