Lugo, 8 de maio de 2015.- A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada do Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou este venres o III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO15,. O éxito de asistencia e repercusión na primeira xornada da terceira edición do #INLUGO certifica que este evento, organizado pola Deputación de Lugo, acadou xa a categoría de referente a nivel nacional.
A Vicepresidenta celebrou o éxito do evento e dos premios #INLUGO e destacou que “con máis de medio cento de candidaturas presentadas este ano nas catro categorías, e o cheo absoluto do Salón de Actos de San Marcos, podemos afirmar que o #INLUGO é xa una referencia no mundo das redes sociais e das novas tecnoloxías”. Pola súa banda, o rexedor resaltou a importancia dos coñecementos que os cidadáns lugueses poden adquirir neste congreso; e admitiu que para el sería “difícil vivir na actualidade sen a miña tablet ou o meu smartphone”.
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos rexistrou un cheo absoluto no primeiro día de relatorios; mentres que o hashtag #inlugo15 foi trending topic en España durante boa parte da tarde, con case 3.000.000 de impresións en Twitter. Ademais, centos de persoas seguiron o congreso grazas ao streaming facilitado pola Fundación Tic. O seguimento e repercusión na rede proba que esta iniciativa chega cada ano moito máis alá da cidade da muralla.
Ignacio Escolar
O director de eldiario.es, Ignacio Escolar, abriu o primeiro ciclo de relatorios e falou do cambio que supón, para o xornalismo. o auxe dos medios dixitais. Desde a súa visión de xornalista experimentado, pero tamén como directivo e accionista do medio no que traballa, Escolar falou da crise no modelo de negocio dos xornais tradicionais, no seu modelo editorial e mesmo na súa credibilidade, por ter perdido independencia. “Cando os xornais entran en números vermellos, o primeiro que sae pola porta da redacción é a liberdade dos xornalistas”, sinalou, defendendo que os xornais dixitais ben xestionados poden ser máis independentes e rendibles que os de papel. “Os nosos subscritores pagan para que a información siga sendo libre”, engadiu.
Mesa Redonda
A continuación chegou a quenda da primeira mesa redonda da tarde ‘Marketing online en grandes marcas’, coa presenza de Núria Padrós, directora xeral de Ogilvy PR Barcelona; Diana Morales, Social Media Strategist de Movistar España; e Juan Andrés Milleiro, Head of Social Media de NH Hotel Group. Os tres relatores compartiron con exemplos reais a súa ampla experiencia no trato cos clientes a través das redes sociais, coincidindo en que a miúdo as dificultades e problemas poden converterse en oportunidades cunha boa estratexia. “Usando ben estes medios podemos conseguir que os nosos clientes estean máis contentos con nós”, asegurou Milleiro.
Tras unha breve pausa, os avogados Alejandro Touriño e Pablo Burgueño especializados en tecnoloxía e redes sociais, e membros respectivamente dos bufetes Écija e Abanlex, falaron de aspectos legais a ter en conta á hora de usar Internet e as redes sociais, nunha nova mesa redonda. Nun ton próximo e moi ameno, expuxeron numerosos casos reais de situacións como o emprego non autorizado de fotografías de terceiros, inxurias ou suplantación de identidade. Ademais, responderon ás dúbidas e preguntas do público sobre estas e outras cuestións.
A xornada rematou cun fotowalk pola cidade da man de Instagramers Lugo, un paseo durante o que os participantes poderán tomar imaxes para participar no concurso #fotoinlugo15. O III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO continúa mañá sábado 9 de maio desde as 10:40, coa presentación de proxectos lucenses destacados na rede e un obradoiro de competencia dixital impartido por Juan García pola mañá; deixando para a tarde a entrega dos premios #INLUGO e oito microrrelatorios de temáticas variadas. O presentador do evento, o cómico Víctor Grande, pechará o acto cunha actuación de humor musical.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



