Dentro da programación anual da A.C. “Os Matos”, visitou o I.E.S. Perdouro de Burela o científico Xurxo Mariño Alfonso para impartir unha charla sobre “Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. O Doutor en Ciencias Biolóxicas da Universidade da Coruña relatou a súa viaxe de once meses polos cinco continentes. O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato puido ver imaxes e escoitar comentarios sobre desertos, glaciares, volcáns, ríos, selvas e montañas, que serviu de complemento ao estudado nas aulas. Os nomes de Kalahari, Atacama, Cabo de Fornos, Amazonas, Os Andes, Illas Galápagos… deron pé a diversos comentarios que lograron captar atención dos alumnos e profesores asistentes, saíndo da Biblioteca do centro agradecidos pola exposición do Profesor Mariño.










Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



