Burela, 14 de maio de 2015. Burela renovou as bandeiras azuis das praias de A Marosa, Portelo e Ril, da Aula Medio Ambiental Gaia e do barco museo Reina del Carmen e tamén o sendeiro azul Ruta do Litoral burelés. O alcalde, José Mª González Barcia, fai unha valoración moi positiva da noticia.
O rexedor declarou que “é unha magnífica e estupenda noticia que renovamos as tres bandeiras azuis das praias de A Marosa, Portelo e Ril, as tres bandeiras azuis dos centros de interpretación vinculados co medio ambiente, que son o barco museo Reina del Carmen, a aula de educación ambiental Gaia e os paseos marítimos, que se converten un ano máis en sendeiros azuis”.
González Barcia subliñou que “en total son 6 bandeiras azuis para o concello de Burela, que nos enchen de orgullo e de satisfacción, porque o traballo feito durante estes anos, non soamente polo Concello senón coa colaboración prestada polos veciños e a súa implicación dá os seus froitos e porque sen dúbida ningunha esta é unha gran forma de promocionar Burela turísticamente. Nese sentido nosoutros sempre apostamos polas bandeiras azuis, porque entendemos que son distincións medioambientais de recoñecido prestixio que ao Concello non lle custan nada, a pesar de que o Concello inviste cartos en mellorar ano tras anos as súas infraestruturas”.
O alcalde burelés dixo que “é un motivo de enorme satisfacción e de agradecemento tamén ao persoal municipal, ao que está máis ou menos implicado no asunto de bandeiras azuis, de preservación de praias e de coidado do medio ambiente, pero tamén fundamentalmente aos cidadáns que usan as praias, que van ao barco museo Reina del Carmen, visitantes día a día que recoñecen a calidade que ten o barco, a esa xente que usa a diario os paseos marítimos e que os respecta e a eses rapaces e rapazas, nenos e nenas que están imbuíndose da educación ambiental a través da aula Gaia. Todos eles merecen o noso recoñecemento e agradecemento, porque sen eles non sería posible conseguir estas 6 bandeiras azuis, que fan de Burela un concello de 8 quilómetros cadrados que ten case tantas bandeiras azuis como quilómetros cadrados. E isto motiva para seguir traballando en anos próximos sen baixar a garda para polo menos renovar estes galardóns que nos distinguen turística e medioambientalmente como un dos concellos máis salientables da nosa comunidade autónoma”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



