Lugo, 14 de maio de 2015.- A voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamentou este xoves que os lucenses sexan os sufridores da ausencia do Ente Provincial ao longo destes anos por mor da nula xestión do seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro.
A popular acusou ao responsable da Institución de presumir de débeda cero a base de dar as costas aos cidadáns e non asumir as súas competencias.
“Hoxe eramos coñecedores que a Deputación Provincial cancelara operacións de endebedamento con entidades financeiras, contratados no ano 2010, outra de decembro de 2007, outro de abril de 2010 e outras dúas do ano 2003, indicándonos así que neste momento as operación de crédito con entidades financeiras ascende a 0 euros”- lembrou a popular, quen manifestou que para intentar acadar este titular de endebedamento 0, sen dúbida, os lucenses tiveron que sufrir a ausencia desta Institución no seu traballo e no desenrolo das súas competencias.
A popular informou que Deputacións como a da Coruña acadaron ese mesmo obxectivo en xullo do ano pasado con débeda 0, asumindo as súas competencias, e lembrou que esta Institución dedicou nos últimos 4 anos 100 millóns de euros en plans de obras e servizos para todos os concellos,e, a maiores, outro tipo de instrumentos para dotar de liquidez, podemos cuantificar en máis de 300 millóns de euros para axudar e cooperar cos concellos.
Uns datos que contratan coas inversións do Señor Besteiro, quen no relativo ao Plan de Obras e Servizos achegou só 926.846,06 euros a obras municipais, mentres que os concellos aportaron a este plan 1.085.319,78 euros.
“Chega a ter liquidez para cancelar as operación, logo de non executar diñeiro de exercicios presupuestarios anteriores e, o que é moitísimo máis grave, logo de non atender e darlle as costas á maioría dos concellos da nosa provincia, de non asumir as súas competencias”- manifestou Candia, quen explicou que ese anuncio non é froito de moitos eloxios porque hai unha mala xestión detrás.
Concluíu Candia manifestando que cunha xestión de ausencia no cumprimento das súas competencias e unha xestión absolutamente de darlle as costas aos lucenses, non podemos contentarnos, porque outros que si asumiron as súas competencias e que si cumpriron co mandato e a normativa que obriga a estas administración, conseguiron ese mesmo resultado fai máis de un ano.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



