O Valadouro, 15 de maio de 2015.- O candidato socialista á alcaldía de O Valadouro e actual alcalde –Edmundo Maseda- propón a celebración dun debate a tres bandas cos outros dous alcaldables deste municipio, PP e BNG.
Maseda indica que a súa intención “é que sexa un diálogo aberto á cidadanía, para que os asistentes poidan realizar as cuestións de actualidade e de interese que máis preocupan á poboación”. A organización do debate responde ao propósito de promover a participación cidadá incluída no programa do PSOE, co obxectivo de garantir un goberno transparente e sen nada que agochar.
Deste xeito, todas as forzas políticas do municipio poderán expoñer ante á cidadanía ás explicacións que solicitan e definir as propostas que inclúen no seu programa electoral.
O candidato socialista promove este debate aberto ao que convida a todos os veciños e veciñas de O Valadouro para que coñezan de primeira man os proxectos para o municipio das diferentes formacións políticas que concorren aos comicios do 24 de maio. Por iso, Edmundo Maseda está a trasladar á súa proposta ao resto de candidaturas.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



