Burela, 19 de maio de 2015. As monitoras do Centro Gaia organizan estes días talleres de reciclaxe cos mais pequenos nos dous Ceips da vila (Vista Alegre e Virxe do Carme) con materiais de refugallo. A actividade enmárcase nas celebracións do Día Internacional da Reciclaxe, que tivo lugar o pasado domingo.
Desde Gaia sinalan que “a Unesco declarou o 17 de maio como o Día Internacional da Reciclaxe como unha oportunidade para recordar e concienciar sobre a acción da reciclaxe coma actividade fundamental para incorporar á nosa vida e reducir así o impacto sobre o medio ambiente”.
E engaden que “durante os últimos anos, a relevancia desta data aumentou notablemente a nivel mundial de xeito que cada vez son mais os países que se emprenden no seu recoñecemento e as actividades que se levan a cabo como unha oportunidade de concienciación e acción”.