Memorable e de triste recordo o desta frase, dirixida por un sobresaínte membro da nosa clase política, neste caso do PP, a un numeroso colectivo de veciños co gallo dunha manifestación en demanda dunha residencia de anciáns para a súa vila, Ribadeo. Unha expresión que nos da a xusta medida do que entenden por democracia os políticos do noso país. O seu autor, un alto cargo político do PP, naquel intre Xefe Territorial da Xunta de Galicia, e de cuxo nome non quero acordarme. Traducida á nosa lengua galega, a lectura desta frase ven a ser esta: Pedímosvos o voto, e en canto nos elexides mendámosvos a tomar polo cu. Esta é a burbulla na que os así chamados representantes do pobo viven pechados cunha ideoloxía na que só existe o partido.
E nós, ¡inxenuos!, que críamos que cando iamos a votar ás urnas estabamos elixindo ós nosos representantes, a aqueles que nos tiñan que escoltar e atender cando lles presentáramos as nosas carencias para darnos as solucións axeitadas. Eso era o que eles nos pregoaban. E saen agora dicindo que “se queremos algo que nos presentemos ás eleccións”. ¿Pra que fomos, entón, a votalos, nos preguntamos?
A ideología que se agacha detrás desta frase encarna unha actitude que subverte un dos principais piares nos que se debe basear a democracia. Unha expresión que manifesta e resume a ideoloxía antidemocrática que subxace no subconsciente dos nosos políticos: que eles non se senten representates nosos, senón do seu partido. Eso é o que con esta frase dixo o citado político.
E foi a través desta frase que os veciños desta pequena vila decatáronse de que para este e outros moitos políticos a chamada representatividade política dos cidadáns non existe. O triste é que o autor desta frase, e moitos outros coma el, foron os que nos tiveron gobernando ó longo de anos, e aínda nos seguen a gobernar moitos deles, non como representantes nosos, senón suplantando a nosa persona e tomando, dicen que no noso nome, acordos e decisións que só interesan ó seu partido. So miran pros cidadáns cando se achegan as eleccións.
E este é, de feito, o comportamento do PP de Ribadeo. Sae agora coa nova nos seus mitins de que eles sempre estiveron a favor da residencia de Ribadeo, e dicir, a favor do pobo de Ribadeo. Unha vez mais están a enganar a xente desta vila. Pois, apoiando a postura do seu partido no goberno, sempre se situaron en contra desta demanda dos veciños, agás algúns concelleiros do PP, encabezados por Manuel Valín, que sempre apoiaron as xustas demandas do pobo fronte a postura negativa do seu partido. Postura que a este concelleiro lle trouxo moitos problemas co seu partido. Mais agora, chegadas de novo as eleccións, o PP local cambia de pel, como o camaleón, dicindolles ós cidadáns que sempre estiveron o seu lado en demanda da residencia. O fin, París ven vale unha misa. ¡Vaia cara!
Pode que este breve comentario deixe en nós unha sensación negativa de impotencia fronte ó exercicio da política. Porque, fronte ó poder trasladado pola Constitución desde os cidadáns ós partidos, os cidadáns atopámonos sen esperanza, illados, marxinados, desarmados e sen posibilidade de poder recuperar o poder para exercelo e tomar decisións a través da nosa presencia directa nos órganos de decisión. Mais ou menos, como estaba no século XVIII o pobo francés. Pro, “tantas veces vai o cántaro a fonte que ó final rompe”, como di o refrán. Rompeuse na revolución francesa tomando o pobo o poder, e parece que pode romper, tamén, en España tres séculos despois. Aínda que en España non hai revolución sanguenta, hai movementos esperanzadores que invitan ó pobo a espertar do seu sono e a loitar pola recuperación do poder que lle foi roubado por unha mala Constitución, feita para a protección dos partidos fronte ós idefensos cidadáns e ideada para saquear España e desvalixar sistemáticamente ós seus cidadáns, mediante o control do Poder Xudicial e aforaremtos e amnistías. Estamos nun ano de eleccións. ¡Hai esperanza!
José María Rodríguez.















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



