O Maderas Barcia bate o seu teito histórico de 25 metais da temporada alcanzado os 31 con 11 títulos provinciais de atletismo en pista. Son un total de 10 ouros, 8 pratas e 9 bronces acadados de forma individual e 1 ouro, 2 pratas e 1 bronce por equipos.
CAT. MASCULINA
Ouros:
Nicolás Álvarez – 1000 Alevín: 3,29,77
Brais Diaz – Pelota Bx: 26,09
Fernando Vallines – Peso Bx: 7,96
Bruno Santos – Martillo Inf: 21,13
Pratas:
Hugo Villalba – 2000 Alevín: 7,23,45
Nicolás Álvarez – Altura Alevín: 1,23
David Martínez – Altura Benxamín: 1,06
Ayoub Khaled – Pelota Alevín: 25,20
Relevo 4*50 Benxamín Masculino:
Brais Diaz, David Martínez, Ian Méndez, Aaron Millares.
Bronces:
Manu Rguez – 500 Alevín: 1,39,60
Aleix Diaz – 500 Infantil: 1,33,85
David Martínez – Lonxitude Benxamín: 3,22
Adnan Itrih – Disco Infantil: 17,97
CAT. FEMININA
Ouros:
Ainara Rguez – 500 Infantil: 1,27,94
Iria Rguez – 1000 Bx: 4,05,37
Ana Vallines – 3000 Infantil: 11,46,88
Carmen García – Altura Benxamín: 1,06
Claudia Iglesias – Peso Benxamín: 3,68
María Vallines – Martillo Infantil: 16,29
Relevos 4*50 Benxamín:
Iria Rguez – Carmen García – Claudia Iglesias – Diana Lastra
Pratas:
Ainara Rguez – 80 Infantil: 11,29
Hiba Bouyzar – 500 Alevín: 1,41,54
Carmen García – 1000 Benxamín: 4,05,45
Claudia Graña – 80 Vallas Infantil: 16,85
Relevos 4*80 Infantil Feminino:
Ainhoa López – Claudia Graña – Ana Vallines – Ainara Rguez.
Bronces:
Diana Lastra – 50 Benxamín: 8,90
Carme Alonso – 2000 Alevín: 8,18,56
Claudia Graña – 3000 Infantil: 15,08,23
Mencía Mtnez.-Sierra – Peso Infantil: 7,18
Cristina Sardina – Peso Benxamín: 3,47
Relevos 4*80 Alevín Feminino:
Marta Alonso – Hiba Bouyzar – Aldara Fdez – Carme Alonso.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
