Barreiros, 19 de maio de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego reitera que o Concello de Barreiros debe 5,5 millóns de euros aos bancos e aclara ao actual alcalde e candidato do PP, Alfonso Fuente, que son 2,5 millóns do préstamo solicitado no ano 2012 “máis outros 2 millóns de euros de intereses, que tamén hai que pagar”. “Todo o mundo sabe que cando se solicita un crédito hai que pagar ese préstamo máis os intereses, parece mentira que Alfonso Fuente teña unha xestoría”, di a cabeza de lista do BNG, Ana Ermida, que lle pregunta ao candidato do PP “se na súa xestoría, que é tamén oficina comercial do Banco Santander, dá créditos a fondo perdido e sen intereses?”.
O BNG reta a Alfonso Fuente a presentar o cadro de amortización do préstamo solicitado no ano 2012 porque “papeis calan bocas” e Ana Ermida xa anuncia que “se o vindeiro domingo os barreirenses e as barreirenses outorgan o Goberno do Concello ao BNG o primeiro que faremos será enviar a todas as casas as contas do Concello para que todos os veciños e veciñas saiban cal é a realidade económica do Concello”. “As contas claras”, di Ana Ermida.
O BNG di que non minte e acusa a Alfonso Fuente de querer “ocultar aos veciños e veciñas a situación de endebedamento e ruína económica na que está o Concello de Barreiros pola nefasta e irresponsable xestión deste alcalde”. “Efectivamente, pediuse un crédito no ano 2012 de 2,5 millóns de euros. Un crédito para pagar facturas atrasadas, a provedores (crédito de pago a provedores, se chamaba), polo tanto, un crédito para pagar débeda, non para facer inversións nin pagar servizos, como afirma Alfonso Fuente. Ese crédito inicialmente era a devolver en 10 anos. Pero no ano 2014, antes de empezar a amortizar capital o goberno do PP decidiu ampliar o prazo de devolución a 20 anos: ata o 2032”, esa é a realidade económica do Concello.
324.000 euros só neste ano 2015 para pagar o crédito
“Calquera sabe que un crédito ten un importe inicial (principal) que é o que se pide e, tras os anos de devolución, súmanse intereses que incrementan a cantidade que se devolve. E canto máis se tarde en devolver, máis intereses se pagan. Non fai falta ter unha xestoría e exercer de axente colaborador dunha entidade bancaria para saber iso”, di Ana Ermida.
O Bloque explica que “nos Orzamentos municipais deste mesmo ano, vemos como entre gastos financeiros (intereses) e pasivos financeiros (principal, a débeda propiamente dita) suman un total de 324.000€, cincuenta e tres millóns de pesetas, esa é a cantidade a pagar este ano, e así durante 20 anos”, aclara Ana Ermida que di que “é unha mágoa que Alfonso Fuente non se atreva a ir a un debate público con veciños e veciñas para aclarar estas cousas”.
“Desde o BNG non nos adicamos a enganar á xente. Nós non prometemos empresas que nunca chegan nen ascensores que nunca se poñen. No BNG o que decimos cumprímolo. E así o seguiremos facendo. Outros non poden dicir o mesmo”, conclúe a cabeza de lista do Bloque.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



