Burela, 20 de maio de 2015.- Clausurado en Burela o I Obradoiro para Mulleres Primavera saudable, que se veu desenvolvendo desde o pasado 28 de abril. As asistentes fixeron técnicas de relaxación e combatemento do estrés, gozaron de musicoterapia e acudiron a obradoiros de autoestima e desenvolvemento emocional. Todas as actividades tiveron lugar na aula de familia da Casa da Cultura.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, agradece a participación deste grupo de mulleres nestas actividades que organizou o Concello coa colaboración da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.