Barreiros (Lugo), 20 de maio de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou este mércores a compañía de Barreiros Mamut Technology como un referente de emprendemento innovador, contribuíndo á fixación de tecido industrial no rural galego. Na súa visita a esta empresa nova dedicada ao deseño e fabricación de maquinaria agrícola, adaptada ás necesidades dos clientes para lograr o aumento da produtividade e asegurando a calidade final, Conde resaltou a contribución de Mamut Tech á modernización tecnolóxica das explotacións agrícolas e gandeiras, que teñen unha especial importancia en Barreiros e en toda a comarca.
O conselleiro sinalou que este tipo de iniciativas permiten “facer máis industria en Galicia”, un proceso que responde aos obxectivos marcados pola Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. Esta, explicou Conde, busca fixar tecido industrial na Comunidade, potenciando unha industria competitiva, intelixente, diferenciadora e xeradora de emprego. Esta folla de ruta, que pon o foco nas necesidades concretas das pequenas e medianas empresas, ten entre os seus obxectivos incrementar o peso da industria no PIB da comunidade ata acadar o 20% no ano 2020.
“Temos que traballar nesa dirección, e exemplos como Mamut Technology animan a ver o peso da industria en Galicia dunha forma global, contando no rural, en Barreiros, con proxectos industriais moi importantes”, subliñou Conde, quen resaltou o papel do polígono municipal no desenvolvemento da actividade empresarial. “Infraestruturas como esta permitan desenvolver este tipo de proxectos”, salientou.
Neste contexto, o conselleiro destacou a aposta que está a facer a Xunta por ofertar solo industrial a un prezo competitivo, obxectivo do programa de abaratamento de solo incluído na Axenda, que contempla rebaixas de ata o 50% no custo do metro cadrado e financiamento, a través do Igape, de ata o 40% do custo dos proxectos. O Barreiros é un dos parques empresariais beneficiados, o que ten permitido a venda de 11 parcelas de Xestur que suman máis de 8.000 metros cadrados.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



