Foz, 21 de maio de 2015. Diante do intento do candidato do PP de confundir aos cidadáns de Foz, o BNG-AA confirma a supresión da quenda exclusiva de urxencias sanitarias nas tardes do Centro de Saúde de Foz.
Novamente o candidato do PP minte á veciñanza ao negar o feito da supresión da quenda de urxencias. A presenza do novo médico de cupo é, posiblemente necesaria, mais non sustitúe o compromiso acordado pola consellería de Sanidade de manter as urxencias pola tarde. O Sergas, co consentimento do PP local na elaboración do mapa sanitario negou ao noso concello un Punto de Atención Continuada (PAC), mais comprometeuse a menter o servizo de urxencias até as 22:00 horas.
Nesta lexislatura o candidato do PP intentou convencer á corporación do que agora fai ás agachadas. Suxeriu en pleno dotar de cupo ao médico de urxencias de tarde e o acordo da corporación desta lexislatura foi esixir o mantemento da quenda tal e como estaba até o de agora.
Coñecendo esta proposta, o BNG-AA leva reivindicando desde o mes de outubro a permanenza deste servizo, tal e como fora acordado cos cidadáns.
Nesta campaña recolléronse reclamacións de usuari@s do Centro de Saúde demandando a cobertura das prazas de todo o persoal (médicos, outros sanitarios e PSX), a cobertura total da redución de xornada da pediatra e o mantemento do servizo de urxencias, tal e como fora garantido pola Consellería.
O candidato do PP non fixo até o de agora ningunha xestión na reposición dos postos non cubertos.
Este mesmo xoves vimos de facer entrega no Centro de Saúde de outras 100 reclamacións e recollemos na propia porta do centro a mudanza da quenda.