Foz, 21 de maio de 2015.- O próximo domingo, 24 de maio, o Club Kayak de Foz desprazarase ás instalacións da Escola de Piragüismo Lucense para a disputa da 3ª regata do Campionato Galego de Infantís A e B na distancia de 3000 metros.
Máis de 300 padexeiros – 102 mulleres e 217 homes – procedentes de clubs de toda Galicia daranse cita en augas do río Miño para disputar esta terceira regata do campionato Galego. O Club Kayak de Foz, nesta ocasión, participa con 6 padexeiros, dúas rapazas e catro rapaces, nas regatas de muller infantil B e home infantil A e B. e
A primeira saída, ás 11:000 horas, será para as Mulleres Infantil B K1 e na que o Kayak estará representado por: PAOLA GARCÍA NEIRA, número 423 e NAILA GARCÍA NEIRA co número 424.
Ás 12:00 será a quenda dos Homes Infantil B K1, onde o Club Kayak terá na auga a FRAN LOURO PACIOS dorsal 128, BRAIS MARTÍN FRAGA 129 e PABLO LÓPEZ FERNÁNDEZ, número 130.
Pecha a participación o Kayak de Foz ás 13:30 horas na regata estrela do día, a de Hombres Infantil A K1. Nesta regata participará o padexeiro XOEL GARCÍA NEIRA, co número número 38.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
