CIG Saúde A Mariña denuncia que co peche de camas previsto para este verán, estanse a “vulnerar gravemente os dereitos dos/as doentes e os dereitos laborais dos/as profesionais das unidades previsiblemente afectadas, que soportan unha total incerteza, xa que a día de hoxe descoñecen o seu destino, a súa xornada, a súa quenda de traballo, o seu mes de vacacións, etc.”.
Falla de información e escurantismo por parte da Xerenta Executiva
CIG Saúde A Mariña vén de denunciar publicamente a intención da Xerencia e da Consellaría de Sanidade de pechar camas no Hospital da Costa durante o verán. A decisión non foi comunicado de xeito formal á organización sindical maioritaria no centro mariñao, polo que se descoñece o total de camas que reducirán e a que unidades e profesionais afecta, a pesares de que a central sindical solicitou por escrito e con rexistro de entrada toda a información ao respecto, sen obter resposta a día de hoxe.
A CIG-Saúde A Mariña considera que o peche de camas durante o verán no Hospital da Costa carece de calquera xustificación técnica posíbel e que tan só obedece a “unha política sanitaria neoliberal do Partido Popular que busca o desmantelamento da sanidade pública na nosa comarca”.
Dende a Federación da CIG afírmase que o peche de camas forma parte do conxunto de políticas que o PP está a pór en práctica para desmantelar o sistema sanitario público “en beneficio do gran capital e da medicina privada situada nas grandes cidades; unha ofensiva recentralizadora que afasta, en vez de achegar, a sanidade pública á cidadanía”.
Deterioro da calidade asistencial e aumento das listas de espera
O peche de camas no Hospital da Costa provocará un deterioro da saúde e o incremento das listas de espera cirúrxicas, de consultas e de realización de probas diagnósticas. “Pechar camas e diminuír a actividade non é nin de lonxe unha boa xestión, simplemente é unha medida dun mal xestor que vai privar de asistencia sanitaria programada durante o verán aos mariñaos e mariñás”, advirten.
Máis desemprego no sector sanitario
A maiores, dende a CIG-Saúde denúnciase que co peche de camas e a non substitución do persoal no período vacacional, “o Sergas está a incrementar o paro sanitario da nosa mocidade na comarca, condenando os/as aspirantes das listas de contratación ao drama do desemprego, tendo como consecuencia directa un impacto na economía real desta comarca, porque hai que lembrar que o Hospital da Costa é o segundo centro de emprego da Mariña”.
Por todo isto, a CIG-Saúde A Mariña “esixe á Xerenta Executiva do Hospital da Costa que non se peche ningunha cama e a contratación de persoal para ofrecer unha atención sanitaria de calidade e de proximidade tanto no Hospital da Costa como nos Centros de Saúde e PAC´s da nosa comarca.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



