O 1/12/1939 os Irmáns Menesianos inician as crases no entón Colexio do Sagrado Corazón, para cumprir disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que, ó ceder a súa fortuna ó pobo de Foz, foron os maiores benfeitores da súa historia. Cinco anos antes inaugurárase o Asilo de Anciáns, outro baluarte do legado dos filántropos, que durante os últimos 75 anos, desenvolveo un admirable labor social e de atención á vellez…¡en qué tempos! Hoxe, en comparanza, vivese na opulencia e as administracións públicas ventilan millóns árreo, a xulgar polos derroches cotiáns. Medio cento dos que foran alumnos pioneiros, entendendo por tales os que asistiron ás crases nos seus inicios, na que hoxe é a Casa da Cultura, tamén doada pola parella, celebraron, hai cinco anos (2010) unha xuntanza, con un só fin: lembrar aqueles afastados tempos de adolescencia e xuventude; a convivencia nas aulas e o seu entorno, en épocas nas que a falta de recursos, de liberdade, de medios de todo tipo ou sexa, de pobreza, non lograran frustrar a felicidade que transcende dun período da vida que a distancia no tempo magnifica, do que esquece as penurias. O poeta francés, Novalis, dixo que “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”; e ese foi o goce dos septuaxenarios ós que a vida levara por distintos camiños, nos que se mesturaron as rosas e as espiñas, para xuntalos novamente, 70 anos despois, en nostálxica convivencia, só empañada pola ausencia dos compañeiros a quen a Pálida, levara á outra Galaxia…A aqueles nenos e mozos pasáranlles polo lombo tantos anos, e a evidencia traía á memoria as verbas da poeta colombiana Olga Thams: “ No es el tiempo el que pasa. Eres tú que te alejas hacia la sombra, y vas dejando caer, como el que se despoja de sus bienes, todo aquello que amaste: las horas que te hicieron la dicha; amigos, sueños inacabados. Al final, casi vacías las manos, te preguntas en qué momento se te fue la vida, se te sigue yendo, como un hilo de agua, entre los dedos…” Ó longo do ano o histórico Colexio Martínez Otero festexa as Vodas de Pratino; parabéns.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



