Lugo, 5 de xuño de 2015.- A Fundación TIC rematou este venres a terceira tempada dos TICodiarios coa visita dun grupo de 25 alumnos de 1º da ESO do IES Xoán Montes. Neste curso duplicouse o número de visitas didácticas ás instalacións da TIC. En total, 1.391 alumnos e profesores de educación primaria e secundaria, divididos en 53 grupos, achegáronse ao mundo do audiovisual da man dos técnicos e docentes da Fundación.
Os participantes coñecen o funcionamento da televisión dende dentro e participan na produción, realización e presentación dun espazo informativo, o TICodiario, con noticias reais. Durante a visita, os estudantes reciben información sobre os ciclos superiores de Produción e Realización que imparte a Escola de Imaxe e Son de Lugo, EIS. Tralo éxito desta iniciativa, o programa retomarase en outubro cunha nova edición. Todos os centros interesados en participar poden apuntarse xa no número de teléfono 982 206 225.
Ampliación do programa
Como novidade, este curso nos TICodiarios participaron 6 grupos de fóra da provincia, dous da Coruña e catro que aglutinaban varios centros participantes no programa “Xuventude Promete”. Por segundo ano consecutivo, a TIC recibiu un grupo de estudantes alemáns e outro de franceses de intercambio de dous institutos de Lugo. A estas visitas sumouse a dos alumnos sénior dos cursos do InLugo, que fomentan o uso das novas tecnoloxías entre os maiores.
A páxina web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org, recolle os vídeos de todas as visitas e máis dun centenar de programas gravados, nas tres tempadas do TICodiario.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



