LUGO, 8 DE XUÑO DE 2015.- Os alcaldes en funcións de Becerreá, A Fonsagrada, A Pontenova e Monterroso piden á Xunta de Galicia que tome como referencia a xestión da Deputación de Lugo e salde de inmediato a débeda contraída con eles dende o pasado ano pola liquidación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), que ascende a 80.000 euros en cada caso; cantidade á que hai que engadir a parte proporcional dos soldos, que suma uns 108.000 euros dende esa data.
Trátase da cuarta vez nun ano que os rexedores se dirixen ao Goberno galego para demandar que o Executivo cumpra a súa palabra e lles abone a contía de 2014, máis o que vai de 2015, pois hai once meses que recibiron unha carta na que lles comunicaban un adianto inicial de 10.000 euros, “pero, a data de hoxe, seguimos sen recibir un só euro”, manifestan.
Este servizo mantense exclusivamente grazas aos fondos propios que aportan a Deputación e as entidades locais. Deste xeito, o organismo provincial mantén ao día as súas obrigas, tal e como establece o convenio que rexe o funcionamento de servizo. Concretamente, pagou ou está a ingresar máis de 340.000 euros aos concellos cumpridores, é dicir, aos que entregaron a documentación necesaria para acreditar o cumprimento do convenio, e que son os indicados, máis o de Cervo. Deste xeito, os fondos que aporta o Goberno galego son os máis elevados. Representan o 60% e, o 40% restante, correspóndelle á Deputación e ás entidades locais.
Neste senso, os rexedores en funcións consideran que a administración autonómica “non pode agardar máis”, pois trátase de dispositivos que fan “un excelente e necesario traballo” en épocas como a que nos atopamos, e na que o risco de incendio aumenta.
O cumprimento da Deputación en cifras
Por este motivo, os socialistas agradecen o proceder do organismo provincial. E é que esta institución, ademais de cumprir escrupulosamente con eles, tamén forzou unha reunión coa Xunta e Folgoso do Courel, Quiroga e Guitiriz para desbloquear o pagamento logo de que se incumpriran as condicións establecidas no convenio. Neste encontro, estes tres municipios acordaron entregar a documentación que acredita o cumprimento do convenio, ao igual que fixeron os restantes concellos. En canto aos fondos aportados pola Deputación, estes distribúense do seguinte xeito:
– 110.000 euros corresponden ao anticipo do 75% de 2013. O organismo provincial ingresou a cada concello un total de 21.875. No caso de Cervo, esta cantidade foille compensada, xa que mantén unha débeda coa institución luguesa de 100.000 euros polo recargo do IAE entre 2009 e 2012.
– Outros 36.500 euros pola xustificación do 25% do pasado exercicio. Neste caso, cada entidade local percibiu 7.300 euros.
– E, os 150.000 euros restantes, corresponden ao anticipo do 75% de 2014 que a institución de Gómez Besteiro tamén está a aboar a ditas entidades locais, agás a de Cervo. Isto débese, a que o municipio mariñano aínda non entregou a documentación necesaria para poder cobrar este anticipo que acende a 37.500 euros.
A Xunta bloqueou as transferencias
Segundo destacan os rexedores, a administración autonómica é a única responsable do retraso no pagamento que deben facer todas as administracións para o mantemento deste servizo. Boa proba delo, aseguran, é que bloqueou as transferencias dende o comezo e de xeito reiterado.
PRIMEIRO: na redacción do convenio, a Xunta non determinou como as administracións tiñan que facer os pagos aos municipios para axustarse á legalidade. A Deputación de Lugo tivo que alertar desta situación ao Goberno galego quen, a pesares de recoñecer “este erro”, tardou máis de 6 meses en darlle solución. Esta desidia supuxo que os concellos non recibisen nin un só euros polos GES durante máis de medio ano, e que a ata comezos do actual, as administracións non puidesen realizar o anticipo do 75% de 2013. Foi entón cando o organismo provincial ingresou os 110.000 euros ás entidades cumpridoras: Becerreá, Cervo, A Fonsagrada, Monterroso e A Pontenova.
SEGUNDO: non fixou que gastos tiña que financiar cada administración, nin tampouco especificou que documentación tiñan que presentar as entidades locais para poder recibir o 25% restante de 2013 e cumprir así coa Lei de Subvencións. Isto provocou que a institución de Gómez Besteiro tivese que esixir ao Goberno galego que solventase este segundo bloqueo nos pagos aos municipios. A administración autonómica non o fixo ata mediados do pasado ano, polo que os concellos aínda recibiron a finais de 2014 os últimos pagos de 2013. Asemade, e para tentar compensar os impagos da Xunta, a Deputación tamén se fixo cargo do anticipo do 75% do pasado exercicio.
E tampouco contesta aos alcaldes
A este incumprimento, hai que engadir que o Executivo de Feijóo segue sen contestar á carta remitida polos alcaldes no mes de xuño, e a través da que lle solicitaban unha entrevista ao presidente autonómico, co fin de aclarar os motivos polos que esta administración aínda non cumprira coa súa obriga. A intención era, tal e como lembran, que se lles concedese o mesmo trato que ao resto de concellos galegos.
“A Xunta non só non colabora connosco, senón que aguanta os cartos que tiñamos que ter ingresados. Para nós isto é moi grave, xa que nos desequilibra o presuposto, pois temos que facer fronte a gastos como o de gasoil, que se nos disparan. Son grupos imprescindibles de atención aos cidadáns. Pero Feijóo non se dignou nin a contestarnos. É dicir, que se subsisten é grazas aos fondos propios da Deputación e dos concellos, non á ao apoio do Goberno galego”, conclúen.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



