Ribadeo, 10 de xuño de 2015. A rúa San Roque será escenario o 11 de xullo do II Mercado de Produtos de Ultramar, un espazo dentro do Ribadeo Indiano no que se porán á venda produtos e mercancías representativas e oficios da época comprendida entre finais do século XIX e principios do X. A inscrición para participar estará aberta ata o 26 de xuño, segundo deu a coñecer este mércores a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo en funcións, Ana Martínez.
A edil nacionalista explicou que “este ano dentro dos actos do Ribadeo Indiano 2015 contaremos con ese Mercados de Produtos e Mercancías de Ultramar, así como de oficios da época, que comprenderá desde finais do século XIX a principios do XX. Ao igual que ano pasado terá lugar na rúa San Roque durante o 11 de xullo en horario continuo. Arrincará ás once da mañá e rematará cara as dez da noite, que será cando dea comezo a verbena que se celebrará no parque San Francisco”.
Martínez dixo que “a participación neste mercado está dirixida a persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade económica no concello de Ribadeo. Serán actividades relacionadas cos produtos da horta con especial incidencia para os chegados das Américas como patacas, pementos, tomates ou millo; produtos latinos de alimentación; colmados e outros produtos de alimentación: café, cacao, salazóns, ron, herbas, especies; doces e pasteis típicos da época; xoguetes; froitas tropicais; chocolates; roupa, complementos, tocados e camafeos acordes coa época; libros, revistas e outros artigos de papelería; antigüidades e decoración; flores e plantas tropicais; xeados, etc. Incluso tamén o que son oficios dese tempo: barquilleiros, zapateiros ou calquera outro oficio relacionado coa temática de ultramar”.
A organización resérvase o dereito de convidar á participación a persoas ou entidades de fora de Ribadeo, por razón do seu produto coma un elemento significativo da época, sempre e cando non estea dispoñible na localidade.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo indicou que “o prazo de inscrición está aberto no rexistro xeral do Concello ata o 26 de xuño. E para obter máis información desta actividade os interesados poden dirixirse ás web do Concello www.ribadeo.gal ou no teléfono 982 128 650 contactando coa adl”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



