Lugo, 11 de xuño de 2015.- Ante a información publicada en diversos medios de comunicación e redes sociais que atenta claramente á miña honra e dignidade e intenta menoscabar publicamente a miña imaxe, quero ENGADIR o seguinte:
EN PRIMEIRO LUGAR, quero dicir alto e claro que estou en disposición de afirmar e de poder probar que non son certos os feitos publicados en diversos medios de comunicación nos que se afirma que consultei unha web erótica durante a sesión parlamentaria, pois o certo e verdade é que, tal e como acredito a modo de informe pericial informático que ratifica e amplía a acta notarial que aportei esta mesma mañá, o meu equipo informático estaba infectado por un chamado software malicioso que provocou e segue provocando a apertura automática de páxinas web e anuncios publicitarios sen ningunha acción pola miña parte (pois nin introducín dirección algunha no ordenador, nin fixen click en ningún hipervínculo ou anuncio de ningunha clase).
A tal fin, aporto a proba pericial realizada nas últimas horas por D. Miguel Mosquera Montero, Licenciado en Informática e membro do Corpo Oficial do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia, e que foi solicitada unha vez visto o trato dalgúns medios de comunicación. As conclusións non deixan lugar a dúbidas, tal e como se reproducen a continuación, e que son extraídas literalmente de dito informe:
1. Al iniciar el equipo portátil analizado se arranca automáticamente el software malicioso BoBrowser.
2. BoBrowser está catalogado como PUP (programa potencialmente no deseado) y se instala como complemento de los navegadores de internet y de similar apariencia.
3. Dicho software es capaz de infiltrase en los ordenadores sin que el usuario sea consciente de ello, por ejemplo siendo incluido como paquete en utilidades gratuitas.
4. La misión principal de este software es alterar las preferencias de navegación de internet del usuario, así como inundar los navegadores web con ventanas emergentes, banners, pop-ups,…. de contenido publicitario falso, y que aparecen automáticamente.
5. BoBrowser fue instalado en el equipo el 29/05/2015 con anterioridad a la noticia publicada.
6. BoBrowser se inicia automáticamente con inicio Windows sin necesidad de actuación por parte del usuario.
7. Durante la realización del estudio, se observa que automáticamente se generan distintas ventanas de publicidad entre otras referidas a adcash.com, calificado también de software malicioso.
8. En el historial de navegación del martes, se puede ver que existe un link de adcash a las 10:23 que abre automáticamente otro popup con la foto aparecida en los medios de comunicación.
9. Si se analiza la complejidad y longitud del link que referencia esa foto, no parece que sea posible teclearlo sin fallos y en menos de un minuto.
10. Durante el examen esa misma página ha aparecido automáticamente.
Así, el perito concluye que: “Queda demostrado pues que el equipo portátil de D. Juan Carlos lleva infectado por software malicioso desde el 29 de Mayo, y dicha infección ha provocado la apertura automática en la página publicada en los medios, sin acción voluntaria por parte del usuario”.
EN SEGUNDO LUGAR, diante esta situación, quero reivindicar que sempre realicei o meu traballo, alí onde estiven, con honestidade, honradez e o máximo rigor profesional e persoal. Nesto senso, adianto que seguirei mantendo esta mesma liña e principios no meu futuro profesional.
EN TERCEIRO LUGAR, de todo isto ponse de relevo que a informática pode xogar malas pasadas, como me aconteceu a min, pero tamén ten unha vantaxe: pódese saber que foi o que aconteceu, cando e de que modo; tal e como se proba no informe que adxunto. E é que, no momento da foto, se pode apreciar claramente como estaba traballando nunha iniciativa do PSdeG-PSOE, como é a miña obriga, no Parlamento de Galicia. De igual forma, o perito conclúe que non fixen clic en dito banner publicitario para acceder á citada páxina.
EN CUARTO LUGAR, considero que se está empregando todo isto contra a miña persoa por motivos espurios e intereses particulares. Como persoa, como parlamentario e como secretario Provincial, sempre defendín, defendo e defenderei a miña honestidade, a miña total disposición ao servizo dos cidadáns aos que me debo como deputado, e aos intereses do meu Partido, séndolle sempre leal alí onde me corresponde.
EN QUINTO LUGAR, quero agradecer aos medios de comunicación que souberon tratar esta información co rigor que se merece, demostrando a súa profesionalidade e o seu bo facer.
FINALMENTE, EN SEXTO LUGAR, tal e como dixen esta mañá, anuncio que, de continuar con este proceder, e acolléndome aos artigos 208, 212 e 216 do Código Penal, non descarto levar a cabo medidas legais oportunas ante o que considero un grave atentado contra a miña persoa.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



