Lourenzá, 13 de xuño de 2015.- No seu discurso de toma de posesión, celebrado no mediodía deste sábado, a nova alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López García, agradeceu o traballo realizado polo anterior equipo de goberno municipal e anunciou que quere ser a rexedora de todos e de todas, da participación e da transparencia.
“Quero dar as grazas ó anterior equipo de goberno, á anterior alcaldesa, Enma, a Dino, a Vidal, a Lupe, a Pablo e a Toto… Grazas por estes anos de traballo e dedicación e por todas as cousas que conseguistes para Lourenzá”, manifestou Rocío López, quen engadiu que “é para min un gran honor ser a primeira alcaldesa socialista da historia de Lourenzá. Pero non quero pasar á historia deste Concello só por iso. Quero ser a alcaldesa de todos e de todas, quero ser a alcaldesa da participación e da transparencia. Quero ser unha alcaldesa próxima ó pobo, quero ser a alcaldesa amiga. Quero seguir sendo a mesma persoa que fun ata hoxe, a vosa veciña, a vosa amiga, a que fala con vós na rúa, a que vos escoita, unha veciña máis… Simplemente esa persoa que os veciños escollestes para que vos represente a vós e a Lourenzá, pero esa persoa que nunca esquecerá de onde veu. E se algún día me desvío deste camiño, compañeiros e compañeiras, veciños e veciñas, facédemo saber, non dubidedes en dicirme que estou equivocada e que ese camiño non é o correcto, porque eu, sen dúbida, vos estarei agradecida”.
A nova alcaldesa comentou ademais: “hoxe quero comprometerme aquí e tender a miña man aos grupos políticos da oposición. Dende aquí agradeceremos e apoiaremos todas aquelas propostas e iniciativas que redunden en beneficio dos nosos veciños e veciñas. Para rematar quero ter un recordo especial para todos os compañeiros e compañeiras que nos precederon como representantes socialistas nas anteriores corporacións. Eles tamén son os responsables de que hoxe teñamos unha alcaldesa socialista. Este recordo é máis especial para aqueles e aquelas que xa non están con nós e que alá onde estean seguro que se sentirán felices e orgullosos. Quero tamén recordar aquí a recente desaparición dun concelleiro exemplar, Pedro Zerolo, loitador incansable a favor dos dereitos sociais e da liberdade. Un político honrado que coa súa palabra foi capaz de facer revolución social. Un exemplo sen dúbida a seguir por todo nós”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



