Burela, 15 de xuño de 2015.- O ata agora xuvenil Hélder Gonçalves Semedo (Cabo Verde, 1996) defenderá o CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS as tres próximas tempadas. O prometedor xogador, que xa defendeu a elástica laranxa na máxima categoría en 2014-15 con minutos de responsabilidade, estivo apoiado polo presidente, Manuel Blanco, e o secretario técnico, Juanma Marrube, na formalización do contrato.
“Estou moi feliz, medrei neste club e o meu desexo é seguir aquí moitos anos máis”, expresou Hélder, recoñecéndose afortunado pola confianza do club, que xa lle brindou a oportunidade de internarse na dinámica sénior a comezos da campaña pasada. “O Burela FS deume a oportunidade de adestrar co equipo; eu sabía que era moi difícil entrar nalgunha convocatoria, pero as circunstancias, coas lesións, adiantaron a miña estrea e souben responder. Foi un ano de moita aprendizaxe; fun de menos a máis e espero seguir aprendendo e medrando a próxima tempada” prometía o 30 burelista, consciente das novas esixencias no banco, coa chegada de Daniel Ibañes: “Vou dalo todo, adestrando día a día, e demostrarei que pode confiar en min” asegurou o peche mariñán.
Manuel Blanco e Juanma Marrube destacaron a “condición física, a versatilidade e o manexo de balón” de Hélder. “É un xogador da casa, formado na ED Burela FS, con moitas posibilidades. Equilibrando talento e actitude, espéralle un futuro moi prometedor por diante”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
