VIVEIRO .- A popular rede social galega Cabozo.com, creada polo viveirense Antonio Mariño coa colaboración do tamén viveirense Ánxel Folgueira, actualizou os seus servizos e ofrece unha nova versión. Esta rede social conta con máis de 1.100 usuarios rexistrados.
Nota de Prensa
CABOZO.COM, A REDE SOCIAL GALEGA, ESTREA NOVA VERSIÓN.
Dende o pasado 11 de setembro, a rede social galega Cabozo.com, creada polo viveirense Antonio Mariño coa colaboración do tamén viveirense Ánxel Folgueira, pon a disposición dos internautas galegos unha nova versión da popular rede social.
A principal novidade desta nova versión é o redeseño total da estrutura da Web para dotar a Cabozo dunha nova interface, máis intuitiva e ordenada, ademais de achegar novas ferramentas e utilidades aos seus usuarios.
Esta nova versión entrou en funcionamento o mesmo día no que, a cada día máis popular rede social galega, superaba os 1.100 usuarios rexistrados nos pouco máis de 7 meses que leva a disposición dos internautas.
Grazas ás numerosas achegas, suxestións e consellos recibidos por moitos dos usuarios rexistrados na Web podemos dicir que esta rede galega é, a día de hoxe, capaz de competir coas “grandes” Facebook, Tuenti, Twitter, etc. co valor engadido de ser unha rede social galega, creada por galegos e, como non, integramente redactada en galego.
PRINCIPAIS NOVIDADES DESTA NOVA VERSIÓN:
– Redeseño por completo da estrutura principal da Web para facilitar o uso e desfrute das moitas e novas utilidades que ofrece aos seus usuarios.
– Acceso directo ao noso espazo persoal (Taboleiro) dende o cal poderemos acceder, a través dun sinxelo e cómodo menú de pestanas, ás principais ferramentas de Cabozo.
– Agora, para facilitar o manexo da Web, o primeiro que verán os novos usuarios ao entrar en Cabozo serán dous video titoriais onde se explica,de forma xeral, o funcionamento da Web.
– Cabozadas: Novo servizo de micro-blogging (mensaxes curtas de non máis de 140 carácteres) onde poderemos manter conversacións ao mesmo tempo con todos os usuarios da Web en tempo real. Unha das novidades mellor acollidas polos usuarios de Cabozo.
– Lox: Novo sistema de avisos automáticos para estar ao tanto de todo o que sucede na Web e das actualizacións dos usuarios que seguimos.
– Novas: Novo servizo onde poderemos ver as noticias dos principais medios de comunicación galegos e non galegos. Ademais engádese unha ferramenta a través da cal se poden contrastar estas noticias co publicado noutros medios de comunicación. Estas noticias poderán ser enviadas sen saír de Cabozo a Chuza.org.
– Agora tamén podes coñecer o tempo que vai facer na túa localidade sen saír de Cabozo.
– Notas: novo espazo persoal onde gardar as nosas anotacións persoais de forma privada.
– Coa nova versión ofrécese a posibilidade de conectarse a través de Cabozo á Web galega Lareta.net (Microbloguexo dende Galiza)
– Novo perfil de usuario que introduce unha ferramenta que nos avisa daqueles usuarios con gustos similares aos nosos. Ademais facilítase o código para enlazar ao noso perfil en Cabozo dende outras Webs, Blogs, Foros, etc.
– Posibilidade de crear álbums persoais públicos ou privados.
– Posibilidade de enviar convites dende Cabozo a aqueles colegas que aíndanon son usuarios da Web.
– Nova ferramenta para buscar usuarios na Web.
– Ranking dos usuarios de Cabozo máis activos.
– Usuario do mes (entrevista incluída)
– Xogos. Agora en Cabozo poderás xogar a algúns dos xogos máis populares como o Tetris, Solitario, Xadrez, Conecta 4, Bomb Jack, Bouncing Balls,Sudoku, Damas, Black Jack, Pang, Mini Golf ou Snow Trouble.
– Novo reprodutor dos videos de YouTube subidos aos distintos grupos e posibilidade de descarga directa destes.
Ademais de todas estas novidades os usuarios poderán seguir gozando de todas as posibilidades que xa ofrecía Cabozo.com antes desta nova versión como a creación de grupos públicos ou privados, unirse aos máis de 100 grupos xa existentes na Web e demais.
Pique sobre o noso enderezo Web e empeze a gozar da nova dimensión de Cabozo.com!!!























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



