Eu non sei si vostedes coñecen a historia de Ligia Elena. Cantábaa Rubén Blades e explicaba a historia dunha cándida rapaza da alta sociedade, que se escapou cun trompetista de una orquesta no dia da festa do patron. Ligia Elena renuncia á casa grande, á fortuna do papá e vive unha historia de amor con aquel músico que lle ofrece acordes de agarimo eterno. A canción non explica que pasou despois. Tras un ano de tórrido amor, nun cuarto pequerrecho de un hostal, aquilo naufraga e o trompeta deixou de bicar as costas arqueada da bela Elena. Ela volve a casa. E papá e mamá respiran aliviados.
O que non sabe mamá mentres acicala a súa longa melena loura é que xa nada será como antes. Ela non se casará xamais con o heredeiro do Pazo. Deixará de ir ás tardes de costura e non acudirá aos concertos benéficos. Non a veremos pasear cos país despois da misa dominical e cambiará os seus longos vestidos por roupas máis liviás. O que nunca sospeitaron papá e mamá cando recibiron a Elena na casa grande é que o trompetista cambiara para sempre á súa filla. E xa nada sería igual. Ese é o destino dos músicos ambulantes.
As Mareas son o trompetista da política española. E é posible que nun domingo de outono, acabemos no cuarto pequerrecho e humilde dos das mareas e similares. E aínda que ao principio as caricias sexan doces e os bicos sinceiros, axiña chegarán as primeiras discusións e romperanse os primeiros pratos. As Mareas nacen dun movemento contra, dunha explosión cidadá de rabia e hastío. É unha constelación de protestas, que fan bos diagnósticos, pero non expenden receitas. E a súa orixe de protesta na rúa non é compatible co despacho . Por iso, multiplicaranse os Monederos e un día serán máis fora que dentro. E poida que Podemos sexá Puidemos.
Volveremos á vella casa grande dos partidos de sempre. E alí recibirannos cunha mirada complacente os uns e os outros. O que eles non saben é que logo xa nada será igual. E que logo dun ano no cuarto humilde dos músicos de Podemos xa non haberá besamans nin concordatos, nin desfiles, nin palcos, nin que hai do meu nin sé forte. Podemos non cambiará o país: Pero cambiará aos que cambiarán o país.
Otero Regal.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



