A Concellería de Servizos Sociais, a través da OMIX de Xove, organiza unhas Xornadas sobre SEXTING, dirixidas a tódolos mozos e mozas do noso concello que se desenvolverán entre o martes 23 e o xoves 25 de xuño.
Que é o sexting? A Wikipedia defíne o Sexting (contracción de sex y texting) como “un anglicismo para referirse al envío de contenidos eróticos o pornográficos por medio de teléfonos móviles”.
O programa destas Xornadas é o seguinte:
– Martes, 23 de xuño, ás 11.00 horas na OMIX de Xove: CHARLA INFORMATIVA SOBRE SEXTING, a cargo do Plan Director da Garda Civil. Nesta conferencia explicarase en qué consiste o sexting, información sobre os seus riscos e pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, denuncia ante as autoridades.
– Mércores, día 24 de xuño, ás 12.00 horas na Aula de Informática da OMIX: actividade didáctica “NAVEGACIÓN SEGURA”. Información sobre o uso das contrasinais e a privacidade nas redes sociais, a cargo da voluntaria de informática Jessica López. Posteriormente, participación no xogo tipo trivial multixogador para traballar a prevención de malware (troianos, gusanos, spyware e virus, ) o grooming e o ciberbullying, a cargo de Lucía Meitín, sexóloga do Departamento de Igualdade do Concello de Xove.
– Xoves, día 25 de xuño, ás 16.00 horas na OMIX: proxección da película “SEXTING IN SUBURBIA” e posterior coloquio moderado por Lucía Meitín. 16:00 NA OMIX.