Cervo, 29 de xuño de 2015.- Os días 10 e 11 de xullo San Cibrao reunirá a numerosos grupos de música folk e popular galega na Foliada Nordestía, coincidindo ademais coa celebración das Festas do Carme.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os membros da Asociación Clan, Ricardo García e Marcelino Bermúdez, que organiza esta iniciativa, e o presidente da Comisión de Festas do Carme, José Ramón Soto, presentaron o cartel e os detalles deste evento musical.
A primeira actividade terá lugar o venres día 10, a partir das 19:30 h. con “Cantos de taberna”, que inclúe a degustación de tapas a 1 euro con acompañamento de música tradicional en directo da man de numerosos grupos chegados da Mariña e doutras partes de Galicia.
Un evento do que formarán parte 19 bares e restaurantes de San Cibrao e no que se sortearán 200 euros. Os locais que participan son: El Puerto, Pedregal, O Pulgas, O Mesón do Pulpo, CIT, A Bodega, O Noso Lar, Candal, Camarote, Pizzería O Trasgo, Mesón da Ría, Lusco Fusco, Bierzo, Sombriza, Maruxaina, O Encontro, Telvi´s, Titas e Bruno´s.
A noite continuará coa actuación de Ce Orquestra Pantasma, músico vigués autodidacta que leva dende o 2008 ofrecendo espectáculos como home orquestra pero que conta cunha longa traxectoria, tendo formado parte de grupos recoñecidos como A Roda.
Treixadura e Riobó
O sábado 11 de xullo será o día forte, comezando cunha actividade infantil, o espectáculo “Sen medidas” de Novocirco, a partir das 13:00 h. Pola tarde, a partir das 21 h. catro grupos de música folk e tradicional galega participarán na foliada na praza dos Campos, dous deles de San Cibrao, como son Mistura e A Rebolaxe. Tamén ofrecerán a súa música A Rexouba da Coruña e Buxos Verdes, de Vilalba.
As actuacións continuarán ás 23:30 h. con Treixadura, un grupo de gaiteiros das Rías Baixas con 25 anos de traxectoria que presentarán o seu novo disco e que traerán música popular de tradición oral e tamén composicións propias.
Pechará a noite o grupo Riobó, composto pola violinista folk galega Begoña Riobó, que traballou nas bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou Sondeseu, e outros catro músicos cunha sólida traxectoria.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



