Tapia de Casariego, 7 de xullo de 2015.- Este ano, o Clube Deportivo “Marqués de Casariego” cambia o destino das actividades de agosto. Descansan de Pirineos e marchan un pouco máis preto, a coñecer a montaña palentina.
Desprazaranse durante 4 días, do 6 ó 9 de agosto, ó entorno do Parque Natural de Fuentes Carrionas e Fuente Cobre – Montaña. Ascenderán ún dos seus “4 ases”, Peña Prieta (2.539 m). Desfrutarán das fermosas vistas ao Espigüete, Pico Murcia e o Curavacas. Visitarán Cervera de Pisuerga e achegaranse á Serra do Brezo.
Como actividades principales propoñen:
– Pico Tres Provincias (2.498 m) e Peña Prieta (2.539 m).
– Pico Santa Lucía (1.850 m)
– Serra do Brezo. Sur do macizo de Fuentes Carrionas
– E algunha sorpresa máis…
O aloxamento será en Camporredondo de Alba. Informes e inscripciones ata o xoves 30 de xullo de 2015 nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi), ou 608 540 828 (Eva), ou no correo
cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es
En canto aos prezos, estes serán de 170€ para socios protectores, 220€ para socios, e 300€ para non socios.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



