Os próximos 10 e 11 de xullo terá lugar a segunda edición do festival VRAO. Logo do éxito acadado o ano pasado, neste 2015 continúa a mesma filosofía pero dando paso a algunha que outra novidade co fin de consolidar o evento como unha das propostas máis atractivas e coidadas de Galicia.
VRAO é un festival galego de música independente realizado sen ánimo de lucro por Ó! Cultural que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, na Mariña Lucense, cun recinto que non entende de límites e que
emprega a totalidade da vila, as súas potencialidades e os seus costumes como marco referencial.
Cun modelo de xestión cofinaciado polos membros fundadores da asociación, así como por establecementos hostaleiros locais, a A.C.I.A., o Concello de Foz e a Deputación de Lugo, a vila tinguirase cos sons de interesantes
bandas da escena galega durante dous días que serán máxicos.
Un dos puntos máis atractivos do festival é que será de balde, cuestión que supón un importante esforzo organizativo. Neste sentido, VRAO é unha combinación de sons, identidade, sabores e paisaxes pensada e feita
por e para as persoas. É unha recuperación da música na rúa como elemento de igualación social e de desfrute. É unha aposta polo pequeno formato como signo distintivo de calidade, rigor e encanto. É unha representativa
achega do que está a acontecer musicalmente en Galicia nos últimos tempos, que é moito.
En VRAO cobra significado a etiqueta “de autor”, pois é un festival que deixa ver con claridade as intencións dos seus creadores e, ao mesmo tempo, inclúe proxectos de estilos moi variados e de espírito totalmente
independente.
VRAO son 4 escenarios polos que pasarán once bandas galegas que representan o máis interesante da nosa escena musical actual.
Venres 10 de xullo
CAZADOR (Escenario AMaseira-Namarinos)
MOUNQUP (Escenario AMaseira-Namarinos)
PORROFOLAR (Escenario AMaseira-Namarinos)
MÚSCULO! (Escenario AMaseira-Namarinos)
PÁLIDA (Escenario AMaseira-Namarinos)
Sábado 11 de xullo
BESTBOY (Escenario Pachán Club)
THE L’ADELINES GARDEN (Escenario Rente ao Mar)
THE LIMBOOS (Escenario Rente ao Mar)
BALA (Escenario Trás)
CUCHILLO DE FUEGO (Escenario Trás)
THEE BLIND CROWS (Escenario Trás)
*Os horarios están suxeitos a posibles cambios pero, con carácter xeral, o venres ocuparán a franxa entre as 22.00 e as 04.00 horas e o
sábado entre as 20.30 e as 04.30 horas.
**O “Escenario A Maseira-Namarinos” está patrocinado polo bar A Maseira e o Pub Namarinos. O “Escenario Pachán Club” polo bar A Rambla. O “Escenario Rente ao Mar Ese Camiño” polos bares AFuncional e O Lar. E o “Escenario Trás!” polo Bar 78 e o bar O Fogar do Pelolo.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



