A segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo celebrarase este mércores 15 de xullo. Neste caso, trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10.00 horas desde a praia de Abrela para percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuíta e o punto de encontro será a praia de Abrela.

























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



